Medio Rural avanza na tramitación das concentracións parcelarias de Lalín

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hai uns días co alcalde de Lalín, José Crespo, para analizar a situación das diferentes concentracións parcelarias que a Consellería ten en marcha neste concello. Neste sentido, a titular do Medio Rural confirmoulle ao alcalde o avance na tramitación dos distintos procesos.

No caso concreto da de Val-Bermés-Sello, proximamente iniciaranse os traballos para a redacción do proxecto de execución dos camiños secundarios e mellora dos principais. Con respecto ás de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busco, así como á de Cercio, en breve comezaranse coas reunións e comunicacións aos interesados para a denominada "enquisa previa ao acordo", isto é, para que os propietarios indiquen as súas preferencias para as fincas.

No termo municipal de Lalín, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 hectáreas de superficie. Ademais das comentadas anteriormente, trátase dos procesos de Galegos, Cristimil, Santa Baia de Losón, Vilatuxe e Goiás-Xaxán-A Veiga. Nestas reestruturacións, a Consellería leva investidos máis de 19 millóns de euros.

Licitación no verán da nova base de helicópteros

Así mesmo, no transcurso da reunión tamén se abordaron outros temas, como é a nova base de helicópteros que se construirá nesta localidade, e cuxa licitación da obra está prevista para o verán cun orzamento de 4,23 millóns de euros. 

Esta actuación súmase aos 3,9 millóns de investimento no novo edificio de servizos integrados de Lalín, no que se están a contemplar xa os labores de formigonado. A edificación terá mais de 2.100 metros cadrados, co obxectivo principal de acoller os servizos básicos para a poboación rural da contorna desta localidade, así como outros servizos da Xunta de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
206022 {"title":"Medio Rural avanza na tramitación das concentracións parcelarias de Lalín","published_date":"2024-05-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"206022"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-18/206022-medio-rural-avanza-na-tramitacion-das-concentracions-parcelarias-lalin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.