Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética

  • A conselleira de Economía e Industria visitou esta mañá o aloxamento La Curia, beneficiario do programa de renovables térmicas para diferentes sectores da economía galega, onde lembrou que o prazo para solicitar este apoio permanece aberto ata o vindeiro 31 de xullo

Pontevedra, 18 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Pontevedra o aloxamento La Curia, beneficiario da convocatoria de axudas para proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas. Unha convocatoria de concorrencia non competitiva que apoia o uso de biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e solar térmica. O prazo para solicitalas permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de xullo.

Lorenzana explicou que grazas a estas axudas, que acadan un 35 % no caso de grandes compañías, un 40 % para as medianas e un 45 % no caso das pequenas, La Curia levou a acabo a implantación dun sistema de auga quente sanitaria a través da instalación de enerxía solar térmica. Unha medida que lle está a permitir tanto un aforro na factura como unha mellora na eficiencia e sustentabilidade. Para Lorenzana exemplos como o de La Curia son unha mostra clara da implicación do tecido empresarial galego no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética e do compromiso do Goberno da Xunta para reducir os custos enerxéticos, contribuír á dinamización económica e colaborar na transición ecolóxica.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) impulsa este programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O orzamento global da convocatoria é de 12,3 millóns de euros e ata a data se levan concedidos apoios por un importe superior aos 8 millóns de euros. 

As convocatorias da Xunta de Galicia para impulsar as enerxías renovables en empresas, administracións e mesmo para a cidadanía en xeral se enmarcan dentro da Estratexia Galega de Cambio climático e enerxía 2050 e a Axenda Enerxética de Galicia 2030, unha folla de ruta cunha dotación orzamentaria para o período 2022-2024 de 633 millones de euros que prevé mobilizar 1.562,6 millóns de euros para avanzar cara a unha Galicia máis verde e sustentable.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
206017 {"title":"Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética","published_date":"2024-05-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"206017"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-18/206017-lorenzana-pon-valor-implicacion-do-tecido-empresarial-fomento-proxectos-aforro-e-eficiencia-enerxetica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.