A Xunta prevé adxudicar a vindeira semana o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Sanidade está a adoptar todas as medidas legais para garantir a continuidade do servizo e os dereitos laborais dos traballadores
  • O contrato de transporte sanitario non urxente da área de Vigo está xa en proceso de contratación
  • O Goberno galego realiza un seguimento permanente do funcionamento dos servizos de transporte sanitario e aplica as penalidades correspondentes
  • Os novos contratos incorporan as melloras laborais derivadas do novo convenio colectivo do sector

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A secretaría xeral técnica da Consellería de Sanidade,  Natalia Lobato Mosquera, avanzou esta mañá que a Xunta prevé adxudicar a vindeira semana o servizo de transporte urxente na área de Vigo, contratado polo procedemento de emerxencia.

En resposta a unha pregunta na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, Lobato explicou o conxunto de medidas que o departamento sanitario da Xunta e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061, están a poñer en marcha para garantir o servizo de transporte sanitario na área de Vigo, así como os dereitos dos seus traballadores.

Dun xeito paralelo, abundou Lobato, o pasado luns, 13 de maio, a Fundación 061 deu conta no Consello da Xunta da contratación pola vía da emerxencia do servizo do transporte sanitario urxente na área de Vigo, un expediente que se estenderá durante o tempo estritamente necesario, namentres se tramita un novo procedemento de contratación aberto.

No tocante ao transporte sanitario non urxente, lembrou que se atopa xa en proceso de contratación.

Respecto das condicións laborais dos traballadores, Natalia Lobato puxo en valor que os novos contratos que licitaron, tanto a Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 (responsable do transporte urxente), como as diferentes áreas sanitarias (responsable do transporte non urxente), xa incorporan as melloras derivadas do novo convenio colectivo do sector.

Na súa intervención, explicou que a Consellería de Sanidade e a Fundación 061 realizan un seguimento permanente do funcionamento do servizo de transporte sanitario na área de Vigo, que atende as necesidades das máis de 339.000 persoas que integran esta área sanitaria.

Así, destacou que se realizan inspeccións ordinarias e extraordinarias e cando se detectan incidencias se aplican as correspondentes penalidades.

A secretaría xeral técnica tamén apuntou que, ante o coñecemento do atraso no pago das nóminas do mes de marzo, e as denuncias presentadas ante a Inspección de Traballo, o pasado mes de abril iniciouse o procedemento de intervención deste servizo, destacando que, na actualidade, os traballadores xa percibiron a nómina.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24417 {"title":"A Xunta prevé adxudicar a vindeira semana o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/20240516+Natalia+Lobato1.jpg","id":"24417"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24417-xunta-preve-adxudicar-vindeira-semana-servizo-transporte-sanitario-urxente-na-area-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.