Lorenzana salienta o traballo que está a facer a Xunta para impulsar a competitividade das empresas provedoras da automoción

Imagen del artículo Lorenzana salienta o traballo que está a facer a Xunta para impulsar a competitividade das empresas provedoras da automoción

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Subliña que o plan director que a Xunta está elaborando para o sector é un plan a varios anos que pretende dirixir a estratexia público-privada na automoción en Galicia
  • Explica que o obxectivo da nova liña de axudas que se vai aprobar é facilitar que poidan reducir os custos e competir mellor nas adxudicacións

Redondela (Pontevedra), 16 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe o traballo que está a facer a Xunta por impulsar a competitividade das empresas provedoras da industria da automoción en Galicia a través das axudas que van acompañar o plan director que se está a elaborar para este sector.

Nunha visita á planta de OP Mobility, especializada na fabricación de compoñentes e módulos exteriores de automóbiles, Lorenzana explicou que se trata dun plan a varios anos que pretende dirixir a estratexia público-privada na automoción en Galicia. Un sector, engadiu que "está nun momento de cambio e de dificultades derivado da competencia polos custos de produción", dixo.

Segundo explicou, vai ir acompañado de distintos apoios económicos, entre eles, a nova liña de axudas dirixida ás empresas da industria auxiliar que se vai aprobar proximamente e que, segundo precisou, xunto coa factoría de Stellantis en Vigo, dan emprego a un total de 25.000 persoas. "O que pretendemos é facilitar a compra de investimentos, a eficiencia enerxética das empresas e así conseguir que poidan reducir os custos e  competir mellor nas adxudicacións", explicou.

Sobre OP Mobility, unha das maiores provedoras de Stellantis en Galicia, destacou que conta con cinco plantas en España e dá emprego a máis de 5.700 persoas, arredor de 540 na factoría de Redondela.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24416 {"title":"Lorenzana salienta o traballo que está a facer a Xunta para impulsar a competitividade das empresas provedoras da automoción","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/20240516+Lorenzana+OP+Mobility_5.jpg","id":"24416"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24416-lorenzana-salienta-traballo-facer-xunta-impulsar-competitividade-das-empresas-provedoras-da-automocion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.