A demora media para unha cita presencial co médico de atención primaria en Vigo é de 5,7 días fronte aos 9 de media no resto de España

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O xerente do Sergas concreta que sempre se planifica a adecuación dos recursos tendo en conta a demanda asistencial, a estacionalidade e a morbilidade de determinadas patoloxías
  • Explica que a dirección de atención primaria da área de Vigo está en contacto cos profesionais dos centros de saúde para planificar e solucionar eventuais incidencias durante o verán

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal, sinalou hoxe que a demora media para unha cita presencial co médico de familia en atención primaria en Vigo é de 5,7 días, fronte aos 9 días de media no resto de España.

En resposta esta mañá a unha pregunta na Comisión 5ª do Parlamento, o xerente do Sergas concretou que, no que atinxe á área sanitaria de Vigo, o 35% dos pacientes foron atendidos polo seu médico de familia en menos de dous días e o 59 % en menos de catro.

Respecto da atención pediátrica, sinalou que a demora media na área de Vigo para realizar unha consulta a pacientes desta idade é de dous días.

José Ramón Parada tamén se referiu á situación do Punto de Atención Continuada (PAC) da cidade olívica, onde se aumentou a dotación cun médico de xeito permanente.

O xerente do Sergas deu conta das previsións para a planificación asistencial do período estival nos centros sanitarios de Vigo, remarcando que a chegada do verán obriga á adecuación dos recursos ás necesidades asistenciais e á adopción de medidas de xestión que garanten a eficiencia e a correcta utilización dos servizos e fondos públicos. Como todos os anos, incidiu, "isto faise garantindo sempre a calidade e a seguridade na asistencia sanitaria aos usuarios".

Explicou ao respecto que o Sergas planifica a adecuación dos recursos asistenciais tendo en conta a demanda asistencial, a estacionalidade e a morbilidade de determinadas patoloxías. Grazas a esta planificación estival, que se fai en todos os servizos de saúde, mantéñense operativos os recursos adaptados ás necesidades reais, incidiu.

Tamén se referiu á necesidade e ao dereito ás vacacións e ao descanso que teñen todos os traballadores e traballadoras do Sergas, coa dificultade engadida que representa atopar profesionais durante o verán para realizar substitucións, ante a falta de médicos de determinadas especialidades.

Ademais, tal e como sinalou José Ramón Parada, a dirección de atención primaria da área de Vigo está en contacto cos profesionais dos centros de saúde para planificar e solucionar eventuais incidencias durante o verán.

Deste xeito, como medida de reforzo operativa fronte á posibilidade de que ocorran situacións excepcionais ou imprevisibles, estanse a adoptar plans que permitan adoptar de xeito áxil as medidas necesarias destinadas á adecuación dos recursos asistenciais na área sanitaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24412 {"title":"A demora media para unha cita presencial co médico de atención primaria en Vigo é de 5,7 días fronte aos 9 de media no resto de España","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/20240516+intervension+xerente+Parlamento.jpg","id":"24412"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24412-demora-media-unha-cita-presencial-co-medico-atencion-primaria-vigo-e-5-7-dias-fronte-aos-9-media-resto-espana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.