A Xunta inxecta case 2 M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación 

A Coruña, 16 de maio de 2024

A Xunta de Galicia vai inxectar preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, da Universidade da Coruña, tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia, que aglutina os axentes investigadores máis punteiros que operan nas universidades galegas.

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, visitou esta mañá o centro para coñecer de primeira man as principais liñas de investigación que está liderando así como para explicar o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional enfocado a blindar un financiamento estable da súa actividade científica ata o ano 2027.

Nesta aposta estratéxica por seguir impulsado a investigación científica de calidade como piar de desenvolvemento socioeconómico, o Goberno galego vén de incrementar un 31%, ata acadar os 23,6M€, o orzamento destinado á Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, que agora incorporar cinco novos centros á mesma, dous na máxima categoría, como é o caso do CICA, e tres na nova categoría de colaboradores, que aspiran a entrar nos vindeiros anos e que tamén recibirán financiamento autonómico. 

Ese apoio consolida o modelo galego de investigación universitaria, que sitúa a Galicia entre as cinco mellores autonomías do Estado en apoio á actividade investigadora. De feito, é a única Comunidade cun programa completo de formación investigadora, é dicir, para as etapas predoutral e posdoutoral, e cun programa de retención de talento.

Biomedicina, nanociencia e alimentación

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, iniciou o seu funcionamento en 2015 na Universidade da Coruña tras concentrar unha serie de grupos de investigación de química e bioloxía en expansión naquel momento e comprometidos coa transferencia de coñecemento e innovación á sociedade. 

Na actualidade conta con 94 investigadores adscritos que centran a súa axenda científica nos eidos da biomedicina, a nanociencia e a alimentación. No primeiro dos campos, as súas liñas de investigación prioritarias céntranse en traducir os resultados da investigación básica en aplicacións médicas para a neurociencia, as enfermidades infecciosas e crónicas, a medicina rexenerativa e o envellecemento.

Na área da nanociencia e materiais avanzados, os científicos ocúpanse do deseño, preparación e caracterización de compostos, a súa avaliación biolóxica para ser utilizadas no estudo de procesos biolóxicos e o desenvolvemento de ferramentas biomédicas, ou ben para abordar novos retos industriais.

Os grupos de traballo da área da alimentación, contaminación e saúde estudan a incidencia da contaminación, a xestión da auga, o cambio climático e a alimentación na saúde humana, entre outros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24403 {"title":"A Xunta inxecta case 2 M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/20240516+Visita+CICA1.jpg","id":"24403"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24403-xunta-inxecta-case-2-m-centro-interdisciplinar-quimica-e-bioloxia-cica-sua-incorporacion-rede-investigacion-excelencia-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.