Medio Rural pon en valor e reafirma o seu apoio aos certames de gando selecto na presentación de Feiradeza 2024 en Lalín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou neste acto a importancia de citas como esta de Lalín no fomento e promoción do gando bovino selecto na nosa comunidade 
  • Salientou ademais o seu papel de incentivo para a recría de animais selectos en Galicia e lembrou que a Xunta convoca anualmente axudas destinadas á realización destes certames gandeiros, que no 2023 estiveron dotadas con 200.000 euros
  •  

Lalín (Pontevedra), 16 de maio de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou este mediodía na presentación de Feiradeza 2024, que terá lugar na localidade pontevedresa de Lalín os vindeiros días 7, 8 e 9 de xuño. Neste acto, o director xeral destacou a importancia deste tipo de certames como instrumentos de fomento e promoción do gando selecto.

Así mesmo, salientou que estas actividades constitúen un incentivo para a recría de animais selectos en Galicia, facilitando o seu coñecemento para o resto das ganderías, ademais de posibilitar a súa comercialización e representar un estímulo para a mellora gandeira.

Nesta liña, José Balseiros lembrou que a Xunta convoca anualmente axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto, das que se poden beneficiar os concellos galegos que organicen este tipo de eventos. A última convocatoria destas achegas, correspondente a 2023, estivo dotada con 200.000 euros.

O programa de Feiradeza 2024 inclúe diferentes concursos, como o de xoves preparadores de gando, de manexo de tractores ou de vacas de leite e campionatos, así como unha poxa de gando frisón. Na presentación deste evento, ademais do director xeral, participaron diversos representantes municipais do Concello lalinense e da Deputación de Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24401 {"title":"Medio Rural pon en valor e reafirma o seu apoio aos certames de gando selecto na presentación de Feiradeza 2024 en Lalín","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/240516_Balseiros_Feiradeza.jpeg","id":"24401"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24401-medio-rural-pon-valor-e-reafirma-seu-apoio-aos-certames-gando-selecto-na-presentacion-feiradeza-2024-lalin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.