A Xunta recibe 12 ofertas para executar dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 en Pontevedra e Marín, cun investimento de máis de 293.000 €

  • A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé iniciar no verán estas actuacións que contan cun prazo de execución de 4 meses
  • Trátase de actuar na PO-542, á altura do quilómetro 0+850, en Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, en Marín
  • Esta actuación realízase no marco das inspeccións preventivas que leva a cabo a Xunta nas obras de paso da rede autonómica co obxectivo de reforzar estas infraestruturas

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir 12 ofertas para executar dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313, nos concellos de Pontevedra e de Marín, cun investimento de 293.311 euros.

A Xunta prevé iniciar no verán estas actuacións que contan cun prazo de execución de 4 meses.

Trátase de intervir no treito da PO-542 Ponte Bora-O Pino, á altura do quilómetro 0+850, no municipio de Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, no concello de Marín.

En concreto, as actuacións que se realizarán na PO-542 baixo este contrato inclúen a limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos e asegurando a súa estabilidade mediante reforzos, se fose necesario.

Posteriormente, execútase o reforzo interior de formigón na base da obra de drenaxe ata polo menos a metade da altura da obra de drenaxe transversal, a cal presenta danos derivados da corrosión na parte metálica lateral anexa a dita protección. Finalmente, executaranse aletas de formigón armado para as embocaduras en ambos os extremos da tubaxe.

No caso das actuación que se proxecta desenvolver na PO-313, estas comezarán pola limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos de material derivados da corrosión. Estes traballos céntranse, fundamentalmente, na metade inferior do tubo, asegurando a súa estabilidade mediante a realización de reforzos, se fose necesario.

Tamén se procederá á reparación do tubo da obra de drenaxe transversal mediante encamisado interior e posterior recheo do espazo entre os tubos con inxección de formigón.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24396 {"title":"A Xunta recibe 12 ofertas para executar dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 en Pontevedra e Marín, cun investimento de máis de 293.000 €","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24396"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24396-xunta-recibe-12-ofertas-executar-duas-obras-drenaxe-transversal-nas-estradas-po-542-e-po-313-pontevedra-e-marin-cun-investimento-mais-293-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.