A Xunta inicia as obras de mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 €

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos están a comezar na estrada AC-414, na que se actuará sobre 3,6 quilómetros de lonxitude renovando toda a capa de rodaxe
  • Nesta estrada AC-414 tamén se levará a cabo a instalación de redutores de velocidade
  • Na AC-400, ao paso por Carballo, acometeranse traballos de rehabilitación do firme
  • Estas obras forman parte dun contrato máis amplo que tamén inclúe o acondicionamento da AC-455 e suporá un orzamento conxunto de 3,6 M€

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada AC-414 e na AC-400 no concello de Carballo, que suporá un investimento autonómico de 763.000 euros.

Os traballos están a comezar na estrada AC-414 en Carballo, constituída por dous treitos antigos da vía AC-418, e permitirán actuar en algo máis de 3,6 quilómetros de lonxitude, renovando completamente a capa de rodaxe.

Esta actuación tamén incluirá, ao remate dos traballos de mellora do firme, a instalación de redutores de velocidade nestes treitos da AC-414.

Na estrada AC-400, ao paso polo citado municipio, tamén se realizarán accións de rehabilitación do firme.

As obras nestas dúas estradas forman parte dun contrato máis amplo que tamén inclúe o acondicionamento da estrada AC-455, nos seus percorridos polos municipios de Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra, e suporán un investimento conxunto de 3,6 M€.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa traballando na conservación das estradas autonómicas, a través do Plan de reforzos de firmes, co fin de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade en condicións eficientes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24390 {"title":"A Xunta inicia as obras de mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 €","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/AC-414_1.jpeg","id":"24390"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24390-xunta-inicia-as-obras-mellora-do-firme-nas-estradas-ac-414-e-ac-400-concello-carballo-suporan-investimento-763-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.