A Xunta destaca as oportunidades que ofrece aos emprendedores rurais o sector da planta ornamental en Galicia

Imagen del artículo A Xunta destaca as oportunidades que ofrece aos emprendedores rurais o sector da planta ornamental en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou esta mañá na apertura do curso Iniciación ao emprendemento: Produción de plantas ornamentais, que se imparte no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias
  • José Luis Cabarcos lembrou que a Xunta está a impulsar unha Estratexia específica para este eido produtivo da planta ornamental, co fin de fomentar a súa expansión e crecemento en Galicia

Ribadeo (Lugo), 15 de maio de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, destacou esta mañá as oportunidades que presenta para os emprendedores o sector da planta ornamental na nosa comunidade autónoma. Cabarcos participou na apertura do curso Iniciación ao emprendemento: Produción de plantas ornamentais, que se imparte no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo, adscrito á Consellería do Medio Rural.

 

Esta acción formativa vai dirixida a persoas vinculadas profesionalmente ao sector primario agrario ou con expectativas de incorporación. Ten unha duración de 50 horas lectivas e prolongarase ata o vindeiro día 12 de xuño, xornada na que rematará cunha visita a viveiros da zona.

 

Segundo sinalou o director, o curso ten unha clara vocación vencellada á promoción e emprendemento neste sector, debido ao aumento na demanda e a vantaxe competitiva de Galicia para producir planta ornamental con fins de exportación. Este tipo de xornadas facilitan a posibilidade de iniciar un proxecto de emprendemento, favorecendo as instalacións necesarias aos interesados e colaborando coa Asociación de Viveiristas do Noroeste para os seus primeiros clientes.

 

O programa do curso abrangue dende os conceptos básicos do viveirismo e a preparación de chans e substratos ata a preparación e acondicionamento de plantas para a venda, pasando por aspectos como a reprodución de planta por semente ou por enxerto, as necesidades hídricas das plantas, o abonado ou a sanidade vexetal.

 

Na súa intervención neste acto, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria lembrou que a Xunta está a impulsar unha Estratexia específica para este eido produtivo da planta ornamental. Esta iniciativa responde á importancia crecente deste sector, con novas oportunidades de negocio pendentes de explotar. Pretende ser a folla de ruta para a expansión e crecemento do sector, aproveitando as importantes vantaxes competitivas que se están a dar na actualidade, procurando novas especies e nova xenética que se adapte ao clima de Galicia, para impulsar esta actividade na nosa comunidade no horizonte da vindeira década.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24387 {"title":"A Xunta destaca as oportunidades que ofrece aos emprendedores rurais o sector da planta ornamental en Galicia","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/240515_Cabarcos_xornada_planta+ornamental.jpg","id":"24387"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24387-xunta-destaca-as-oportunidades-ofrece-aos-emprendedores-rurais-sector-da-planta-ornamental-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.