A directora xeral de Formación Profesional pon como exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas

Imagen del artículo A directora xeral de Formación Profesional pon como exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez asiste á segunda edición deste certame no que participaron seis centros galegos
  • O Centro de Educación Especial CEE Manuel López Navalón de Santiago obtivo o primeiro premio; o CEE Terras de Ferrol, o segundo, e o CEE de Panxón, o terceiro

Boiro (A Coruña), 15 de maio de 2024

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou hoxe na entrega de premios do II Campionato de Baristas de Colexios de Educación Especial que se celebrou, por segundo ano consecutivo, no Pazo de Goiáns. "É un gusto ver a implicación do alumnado e o gran labor do profesorado con este certame, que serve para poñer en práctica o aprendido nas aulas", sinalou Eugenia Pérez. 

O primeiro premio recaeu no Centro de Educación Especial CEE Manuel López Navalón de Santiago, mentres que o segundo foi para o centro Terras de Ferrol e o terceiro para o CEE de Panxón. No campionato participaron un total de seis centros de Educación Especial de Galicia. A maiores dos gañadores, estiveron presentes o María Mariño da Coruña, Infanta Elena de Monforte de Lemos e Saladino Cortizo de Vigo, estando representados cada un por unha parella de alumnos. 

Máis alá do propio concurso, que consistiu na elaboración de varios tipos de cafés, esta iniciativa tamén contou cun obradoiro de galletas e outro de cocteleira sen alcol para o alumnado dos centros asistentes. "Este tipo de prácticas son moi ben acollidas polos centros e alumnado, pois son unha maneira de amosar a evolución do seu aprendizaxe nos programas de Formación Profesional", concluíu a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24383 {"title":"A directora xeral de Formación Profesional pon como exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515CampionatoBaristas+1.jpg","id":"24383"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24383-directora-xeral-formacion-profesional-pon-como-exemplo-boas-practicas-na-educacion-especial-campionato-baristas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.