A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas

Imagen del artículo A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e  Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agasallarán a todas as persoas que acudan a doar na xornada de mañá, xoves 16 de maio, cun libro como xeito de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano lembra a figura da poeta e ensaísta coruñesa Luisa Villalta.

ADOS quere agradecer a colaboración, un ano máis, do departamento de Cultura da Xunta, para poñer de manifesto o recoñecemento da sociedade galega aos doantes de sangue e celebrar unha data especial no que os galegos e galegas lembramos ás figuras máis salientables da nosa rica literatura.

Concienciación social 

A dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha conciencia solidaria proclive á doazón como, neste caso, está a impulsar a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xa que poden unir os valores positivos do ámbito cultural á nosa mensaxe e transmitila con maior proximidade por ter un amplo calado social. 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que establecer sinerxías desde as distintas institucións e colectivos procedentes dos máis diversos eidos da sociedade galega, posibilita transmitir unha mensaxe solidaria a toda a cidadanía e contribúe, neste caso, a fomentar a doazón de sangue pero, tamén, convida aos galegos e galegas a coñecer un pouco máis a nosa excelente literatura.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24382 {"title":"A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515+Doazn+de+sangue+Dia+letras+galegas+2024.jpg","id":"24382"} galicia C. de Sanidade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24382-axencia-doazon-organos-e-sangue-e-conselleria-cultura-agasallan-cun-libro-aos-doantes-co-gallo-do-dia-das-letras-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.