López Campos enxalza a aportación ao patrimonio cultural galego da actividade da mariña mercante en Galicia

  •  O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o novo espazo baixo o epígrafe Contra vento e marea que pon en valor estas achegas no Museo do Mar de Galicia
  • O acto de apertura encádrase dentro da programación do Goberno galego para festexar o Día dos Museos

Vigo, 15 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Campos, enxalzou esta tarde a "importante e fundamental" aportación ao patrimonio cultural galego do comercio e intercambio de produtos do mar que supuxo para Galicia a actividade da mariña mercante. Así o salientou na inauguración do novo espazo expositivo Contra vento e marea. A Mariña Mercante en Galicia. 1750-2002 que ofrece desde hoxe o Museo do Mar de Galicia, enmarcada nos actos de celebración esta semana do Día do Museos e para o que a Xunta ten artellada una programación especial en toda a súa rede museística.

O conselleiro puxo en valor a apertura deste espazo temático neste centro museístico, "localizado nunha cidade tan estreitamente vencellada ao mar e a toda a industria e impacto económico que este xera". Precisamente, esta nova sala fai  un percorrido a través de máis de 100 pezas pola importancia que o tráfico e comercio marítimo supuxo para o desenvolvemento en Vigo do sector pesqueiro, do naval e tamén do automobilístico.

No entanto, López Campos quixo incidir sobre todo na pegada no patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, que a actividade da mariña mercante entrañou non só para a contorna do noso litoral, senón para todo o territorio galego. Deste xeito, referiuse a esas viaxes transatlánticas ou por diferentes puntos do planeta, coas que a tripulación traía consigo de volta á casa novos artefactos, artesanía, tecnoloxía e tamén palabras ou costumes que foron espallándose e tendo arraigamento propio na nosa Comunidade.

Por estes motivos, celebrou que a rede museística da Xunta dispoña dun espazo dedicado á relevancia que en tan diversos e amplos ámbitos supuxo para Galicia esta actividade comercial, "e moito máis que se estableza, como non podía ser doutro xeito, no Museo do Mar de Galicia", remarcou. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24378 {"title":"López Campos enxalza a aportación ao patrimonio cultural galego da actividade da mariña mercante en Galicia","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24378"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24378-lopez-campos-enxalza-aportacion-ao-patrimonio-cultural-galego-da-actividade-da-marina-mercante-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.