Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval
  • Avanza que as axudas se coñecerán "en cuestión de días" e que "van adaptadas ao que o clúster realmente nos está dicindo que precisa a pequena, mediana e gran empresa" vinculada ao sector, porque a intención é apoiar "toda a cadea de valor"

Vigo, 15 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, abordou hoxe con representantes do Clúster de automoción e mobilidade de Galicia (Ceaga) os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar proximamente para a industria auxiliar da automoción.

A de hoxe é unha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval. Un plan, explicou a conselleira, que vai ir acompañado dunha liña de axudas económicas ás empresas provedoras que se dará a coñecer "en moi pouco tempo". "En cuestión de días se anunciará para que o coñezan todas as empresas, pero van adaptadas ao que o clúster realmente nos está dicindo que precisa a pequena, mediana e gran empresa" vinculada ao sector porque, segundo dixo, a intención é apoiar "toda a cadea de valor".

Ao respecto, Lorenzana apuntou que dos 25.000 empregos que agora xera o sector en Galicia, arredor de 6.500 están ligados á fábrica de Stellantis pero os restantes son empregos que están xerando as pequenas, medianas e grandes empresas que son provedores e fabricantes de compoñentes. "É fundamental que conservemos toda esta cadea de valor, o coñecemento industrial que existe e os empregos", asegurou, e para iso, ademais de apoiar a Stellantis, dixo, "é esencial que tamén se traballe na innovación, nos novos procesos por parte de todas as empresas provedoras que teñen máis dificultades para adaptarse este proceso de electrificación que neste momento está acometendo toda a automoción en Europa".

A conselleira de Economía e Industria apuntou que a Xunta está priorizando dentro do plan director que non se deslocalicen pedidos e se traballe con provedores locais, pero reclamou para iso a colaboración do Goberno central porque "o que está pasando co Perte do vehículo eléctrico non é de recibo", dixo. Lorenzana lembrou que nos últimos dez anos a Xunta leva investido máis de 80 M€ en axudas á planta de Stellantis en Vigo,  mentres que no Perte VEC, despois de tantos meses de espera a factoría viguesa "nin sequera vai percibir a totalidade da subvención que tiña solicitada  que era de 40 M€ e se lle outorgaron 20 millóns en axudas directas, o resto son préstamos", precisou. "Sería para celebrar que se conseguise a totalidade da axuda", dixo, para volver pedir ao Goberno que teñan en conta nas convocatorias ao resto do tecido produtivo do sector.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24375 {"title":"Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515+LorenzanaCeaga_4.JPG","id":"24375"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24375-lorenzana-aborda-ceaga-os-pormenores-da-lina-axudas-extraordinaria-xunta-vai-aprobar-industria-auxiliar-da-automocion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.