A Xunta avoga por "manter e reforzar" a cooperación público-privada para que o tecido empresarial galego sexa aínda máis competitivo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun almorzo-coloquio co director de conxuntura e economía internacional de FUNCAS no que pon en valor a "boa marcha" da economía galega, en particular no que se refire á internacionalización, que está a mellorar este ano os rexistros históricos acadados no 2023
  • Subliña a importancia de "manter o impulso das exportacións galegas" a través de actuacións como os programas de bolseiros e xestores de internacionalización, as liñas Galicia Exporta, as antenas do Igape ou o Plan Foexga
  • Destaca a necesidade de "atraer investimentos produtivos", eido no que resalta a nova Oficina Económica de Galicia, que se configura como "punto de contacto de información e entrada para iniciativas empresarias e proxectos industrias"

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá nun almorzo-coloquio co director de conxuntura e economía internacional de FUNCAS, Raymond Torres, que se celebrou coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e no que avogou por "manter e reforzar" a cooperación público-privada na procura de que o tecido empresarial galego sexa aínda máis competitivo.

Esta colaboración, unida ao esforzo de todos os axentes implicados, expuxo Toca Carús, está permitir a "boa marcha" da economía galega, tal e como amosan algún dos principais indicadores económicos.

Neste sentido, a directora do Igape subliñou que o PIB en Galicia medrou un 4,3% con respecto aos datos anteriores a pandemia, fronte ao crecemento do 2,9% do conxunto do Estado; que a Comunidade concluíu abril coa cifra máis baixa de parados desde que hai rexistros; ou que vén de bater, no último ano, o seu récord exportador superando, por primeira vez na historia, os 30.000 millóns de euros en vendas ao exterior.

Un escenario, salientou Toca Carús, que permite a Galicia partir dunha "boa situación" para afrontar os retos económicos que se presentan, entre os que citou a importancia de conseguir que o peso da industria no PIB alcance o 20%, ou estabilizar o binomio industria e enerxía, atendendo aos recursos naturais dos que se dispoñen.

Sobre esta base, a directora do Igape incidiu na aposta pola internacionalización, xa que a procura de novos mercados permite "consolidar o crecemento" dunha empresa e ofrece "novas oportunidades que redundan nunha maior riqueza e emprego".

Así mesmo, explicou a directora, a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, activou este exercicio novas convocatoria dos programas de bolseiros e xestores de internacionalización, das liñas Galicia Exporta, do Plan Foexga -en colaboración coas Cámaras de Comercio para impulsar novas misións comerciais-, ademais de abrir dúas novas antenas, en Emiratos Árabes e Xapón.

Neste contexto, Toca Carús sinalou tamén como "factor determinante" do crecemento económico a importancia de "atraer investimentos produtivos", eido no que resaltou a nova Oficina Económica de Galicia, que se configura como "punto de contacto de información e entrada para iniciativas empresarias e proxectos industrias".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24374 {"title":"A Xunta avoga por \"manter e reforzar\" a cooperación público-privada para que o tecido empresarial galego sexa aínda máis competitivo","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515_covadonga_01.jpg","id":"24374"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24374-xunta-avoga-manter-e-reforzar-cooperacion-publico-privada-tecido-empresarial-galego-sexa-ainda-mais-competitivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.