A Ruta Quetzal reunirá en Galicia este verán máis de 200 mozos de toda España para vivir a experiencia do Camiño de Santiago co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que permitirá promover o distintos itinerarios xacobeos, parte da costa galega e a Ribeira Sacra

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 15 de maio de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da nova expedición da Ruta Quetzal que este ano reunirá a partir de xuño máis de 200 mozos de distintos puntos de España que coñecerán nesta viaxe de estudos e aventura varios emprazamentos galegos co apoio da Xunta.

"Desde hai anos cremos e apoiamos este proxecto pola súa capacidade de promover o destino entre os máis mozos e porque nos está axudando a reforzar a imaxe e o potencial turístico das vias que percorre", indicou Xosé Merelles quen felicitou á organización e tamén agradeceu a súa aposta por escoller nuevamente Galicia "para a que, de seguro, será unha das experiencias máis especiais para os participantes".

O director de Turismo de Galicia salientou tamén a importancia desta iniciativa para o turismo galego "ao focalizar a acción nun público mozo, ao que lle estamos ensinando parte do noso destino coa intención de que poda volver visitarnos no futuro", expresou.

A nova edición´da Ruta Quetzal iniciará a súa aventura por terras galegas o 30 de xuño e despois atravesará o norte de Portugal ata chegar a Lisboa. Desde a capital portuguesa regresará a España por Estremadura para percorrer parte da Ruta da Prata e, de novo en Galicia, continuará pola ruta xacobea e a Ribeira Sacra ata chegar á capital compostelana.

En concreto, a expedición de 2024 comezará en Vilanova de Arousa, onde os participantes poderán acompañar ás mariscadoras e visitarán algunhas das principais fábricas de conservas. Tamén coñecerán Catoira, Valga, Pontecesures, Sanxenxo, Illas Cíes ou Baiona. Posteriormente a aventura da Ruta Quetzal continuará en Portugal ata a súa capital, Lisboa, e, tras regresar a España a través de Estremadura, continuará por Castela e León para volver a Galicia desde O Cebreiro, a porta do Camiño Francés. Tamén coñecerán a Ribeira Sacra. Tras 13 días de expedición, a Ruta Quetzal culminará a súa viaxe en Santiago de Compostela.

Nas súas 31 edicións, a expedición percorreu América e Europa e participaron máis de 10.000 mozos procedentes de preto de 60 países de Europa e América.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24373 {"title":"A Ruta Quetzal reunirá en Galicia este verán máis de 200 mozos de toda España para vivir a experiencia do Camiño de Santiago co apoio da Xunta","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515+NPRutaQuetzal.jpg","id":"24373"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24373-ruta-quetzal-reunira-galicia-veran-mais-200-mozos-espana-vivir-experiencia-do-camino-santiago-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.