José López Campos comparte co sector musical a celebración do talento galego na gala dos Premios Martín Códax

  • A asociación Músicas ao Vivo organiza a undécima edición da convocatoria, para a que volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asiste esta noite en Pontevedra á gala de entrega dos 11º Premios Martín Códax da música para acompañar o sector neste acto de recoñecemento aos mellores proxectos artísticos e profesionais nas 15 categorías convocadas. En concreto, o responsable de Cultura do Goberno galego fará entrega do galardón ao mellor festival, ao que concorren Galegote Rock, Festival EmigraSON e As Nosas Músicas.

 

No marco da súa liña de cooperación e diálogo cos distintos colectivos asociativos das industrias culturais, a Xunta colabora economicamente con Músicas ao Vivo na organización deste certame desde a súa primeira edición co fin de contribuír á proxección social do talento artístico e da capacidade profesional da música de Galicia. Neste mesmo sentido, López Campos compartirá co sector esta celebración conxunta no Pazo da Cultura pontevedrés, á que tamén asistirán o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

 

O músico Xurxo Souto é o encargado de dirixir e presentar, acompañado da banda Xangai, a gala na que se darán a coñecer o nome dos 15 proxectos e artistas que levarán os galardóns deste ano, aos que optan 57 finalistas. Entregaranse, así mesmo, os tres Organistrum, que destacan unha sala, un festival e un espazo de comunicación musical, ademais da categoría extraordinaria para artistas emerxentes.

 

Unha das principais novidades desta 11ª edición é o cambio no proceso de votacións, que se abriu ao público xeral na segunda volta. No reconto final, estableceuse unha regra de baremación na que o 50% corresponde á votación do público e a outra metade aos votos das socias e socios de Músicas ao Vivo.

 

A gala poderá seguirse en directo en premiosmartincodaxdamusica.gal e na plataforma da CRTVG agalega.gal.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24367 {"title":"José López Campos comparte co sector musical a celebración do talento galego na gala dos Premios Martín Códax","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24367"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24367-jose-lopez-campos-comparte-co-sector-musical-celebracion-do-talento-galego-na-gala-dos-premios-martin-codax https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.