A Xunta insta ao goberno a rematar coa discriminación a Galicia e transferir a AP-9 para garantir unha xestión eficiente

Imagen del artículo A Xunta insta ao goberno a rematar coa discriminación a Galicia e transferir a AP-9 para garantir unha xestión eficiente

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Martínez Allegue lembra que a Xunta leva 14 anos reclamando esta transferencia, aprobando o Parlamento por cuarta vez unha Proposición de Lei para esixir o traspaso
  • Destaca que a Xunta seguirá esixindo que se cumpran os compromisos adquiridos polo PSOE e o BNG, que prometeron implantar a gratuidade das peaxes das autoestradas estatais, a AP-9 e a AP-53, entre Santiago e Lalín
  • Lamenta que ata agora a realidade é que o Goberno central volveu subir este ano as peaxes das dúas autoestradas estatais galegas, na AP-9 máis de 6,5%, e na AP-53 un 5%, situándose entre as máis caras de España
  • Contrapón esta política estatal coa da Xunta, que por segundo ano conxelou as peaxes das autoestradas autonómicas, A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, que seguirán entre as máis baratas do país
  • Subliña que o Goberno galego continuará solicitando a titularidade da AP-9 e que veña acompañada tanto dos recursos para a súa correcta explotación como dos investimentos para levar a cabo as obras pendentes

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A Xunta insta ao Goberno a rematar co discriminación a Galicia e transferir a AP-9 para garantir unha xestión eficiente.

Así o manifestou hoxe no Parlamento a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que reiterou ao Executivo estatal que desbloquee o traspaso desta infraestrutura que vertebra de norte a sur o 60% do territorio galego.

Lembrou que o Goberno galego leva 14 anos reclamando a transferencia da AP-9 a Galicia, unha solicitude amparada polo Parlamento, que aprobou por cuarta vez unha Proposición de Lei para esixir este traspaso.

Destacou que se trata dunha "lexítima demanda que choca non só coa negativa do Goberno de España, senón coa incongruencia no comportamento dos grupos parlamentarios de PSOE e do BNG que apoian a medida en Galicia pero non o fan en Madrid".

Subliñou que "a Xunta non cederá no seu empeño por acadar unha AP-9 galega e seguirá esixindo que se cumpran os compromisos adquiridos tanto polo PSOE como o BNG, que prometeron implantar a gratuidade das peaxes das autoestradas estatais, a AP-9 e a AP-53".

Lamentou que ata agora, "a realidade é que o Goberno central volveu subir as peaxes das dúas autoestradas estatais galegas a comezos deste ano, pois na AP-9, aumentaron as tarifas máis de 6,5%, e na AP-53, que comunica Santiago e Lalín, un 5%", situándose entre as máis caras de España.

Recordou que as subas extraordinarias de peaxes foron declaradas por organismos independentes "nulas de pleno dereito" e "posibles axudas de Estado", polo que "está sobradamente acreditado que o Goberno vela máis polos intereses da concesionaria que polos dos galegos", puntualizou.

Contrapuxo esta política do Goberno coa da Xunta, que por segundo ano volveu conxelar as peaxes das dúas autoestradas autonómicas, A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), que seguirán a  ser así das máis baratas do país.

Neste sentido, a conselleira concluíu demandando a titularidade da AP-9 para Galicia e que veña acompañada tanto dos recursos necesarios para a súa correcta explotación como dos investimentos precisos para levar a cabo as obras pendentes.

Ademais sumou a reivindicación ante o Goberno para a liberación da peaxe da AP-53, de forma que se iguale o percorrido Santiago-Lalín co treito Lalín-Ourense que a Xunta vén mantendo gratuíto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24365 {"title":"A Xunta insta ao goberno a rematar coa discriminación a Galicia e transferir a AP-9 para garantir unha xestión eficiente","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/240515_vivenda_x-1.jpg","id":"24365"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24365-xunta-insta-ao-goberno-rematar-coa-discriminacion-galicia-e-transferir-ap-9-garantir-unha-xestion-eficiente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.