A Xunta convoca en xuño e xullo os actos expropiatorios para executar as obras de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no Concello de Pontevedra

  • Esta actuación suporá un investimento autonómico de preto de 975.000 euros e contribuirá á mellora de seguridade, especialmente para os peóns, no tramo entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8
  • O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 18 de xuño, no Pazo da Cultura de Pontevedra e a formalización, o 23 de xullo, no mesmo lugar
  • As obras prevén a transformación da intersección en "T" existente na conexión desta vía coa PO-310 nunha glorieta cun diámetro exterior de 30 metros 
  • Tamén se inclúe a execución de sendas peonís en ambas as marxes da PO-531, entre a nova glorieta e a VG-4.8
  • Acondicionarase a intersección na marxe esquerda no punto quilométrico 3+450, de acceso ao CEIP Campañó, e habilitaranse nesta contorna dúas zonas de aparcadoiro 

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A Xunta publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria, para os vindeiros meses de xuño e xullo dos actos expropiatorios para executar as obras de mellora de seguridade da estrada autonómica PO-531 ao paso pola parroquia de Campañó, en Pontevedra.

Esta nova intervención da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que suporá un investimento de preto de 975.000 euros, engloba o treito da vía autonómica entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8 e ten por obxectivo contribuír á mellora de seguridade neste tramo da PO-531, especialmente para os peóns, a través dun conxunto de actuacións que tamén favorezan a mobilidade e a fluidez do tráfico.

Concretamente, o acto para o levantamento das actas previas á ocupación está convocado para o vindeiro día 18 de xuño, das 09:00 ás 14:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.  A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 23 de xullo, no mesmo horario e no mesmo lugar.

En concreto, as obras comezarán pola transformación, en glorieta, da intersección en "T" situada no quilómetro 3+200 desta vía, na súa conexión coa estrada PO-310. Acometerase unha rotonda cun diámetro exterior de 30 metros e un diámetro interior de 8, con dous carrís e dúas beiravías.

Prevese a execución de sendas peonís en ambas as marxes da estrada PO-531, entre a nova glorieta e a glorieta da VG-4.8. As sendas terán un ancho mínimo de 2 metros, incluíndo unha zona axardinada de 50 centímetros segundo as zonas.

Entre as actuacións deseñadas, proponse a eliminación dos xiros á esquerda e os carrís centrais de espera entre as dúas glorietas.

Acondicionaranse as paradas de autobús existentes, incluíndo a instalación de refuxios.

Ademais, procederase ao acondicionamento da intersección na marxe esquerda no punto quilométrico 3+450, de acceso ao colexio CEIP Campañó. Tamén se habilitarán neste punto dúas zonas de aparcadoiro, nas proximidades da estrada PO-531.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue traballa co obxectivo de que as obras poidan estar executadas no vindeiro ano. A actuación ten un prazo de 8 meses.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24354 {"title":"A Xunta convoca en xuño e xullo os actos expropiatorios para executar as obras de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no Concello de Pontevedra","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24354"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24354-xunta-convoca-xuno-e-xullo-os-actos-expropiatorios-executar-as-obras-mellora-da-seguridade-viaria-da-po-531-campano-concello-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.