A Xunta publica no DOG a convocatoria en maio, xuño e xullo dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras da mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

  • O levantamento das actas previas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto terá lugar os días 28 e 29 de maio en Viveiro; o 30 de maio en Ourol; o 4 de xuño en Muras e o 5 de xuño en Xermade
  • En xullo terá lugar a formalización das actas de ocupación, os días 8 e 9 en Viveiro; o 10 de xullo en Ourol; o 11 de xullo en Muras e o 12 de xullo en Xermade
  • A previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é iniciar a primeira fase dos traballos, entre os quilómetros 5 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol, neste verán, cun prazo de execución de 24 meses
  • As actuacións de acondicionamento da vía autonómica, que se dividirá en dúas fases, suporán un investimento global de 15 M€

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, nos meses de maio, xuño e xullo, dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de acondicionamento da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros. 

Esta actuación, na que a Xunta de Galicia investirá un total de 15 M€, permitirá o a mellora da capacidade desta vía autonómica en sentido Viveiro-Lugo, que se abordará en dúas fases, aínda que as expropiacións cobren o trazado completo nos concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade.

Así, o DOG recolle hoxe este anuncio polo que se convocan os actos para o levantamento de actas previas á ocupación os días 28 e 29 de maio, entre as 09.00 e as 13.30 horas, na sala multiusos do Concello de Viveiro. Continuarán o día 30 no salón de plenos do Concello de Ourol, onde se desenvolverán entre as 09.00 e as 12.30 horas; e o día 4 de xuño no salón de plenos do Concello de Muras, de 09.00 ás 12.30 horas. Rematarán o 5 de xuño na biblioteca pública municipal de Xermade, de 09.00 ás 13.00 horas.

Posteriormente, o acto da formalización das actas de ocupación levarase a cabo os días 8 e 9 de xullo na mesma sala multiusos do Concello de Viveiro; o día 10 no salón de plenos do Concello de Ourol; o día 11 no salón de plenos do Concello de Muras e o 12 na biblioteca pública municipal de Xermade. En todos os casos, o horario será de 09.00 ás 13.30 horas.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240514/AnuncioG0181-250424-0001_gl.html

Cómpre lembrar que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten en marcha a primeira das fases construtivas desta actuación, na que vai investir 8,2 millóns de euros e que ten un prazo de execución de 24 meses. O proxecto atópase en fase de contratación e a Xunta recibiu 11 ofertas para executar estes traballos, que se desenvolverán no treito da estrada LU-540, situado entre os quilómetros 5 e 20+090, ao paso polos municipios de Viveiro e de Ourol, cun total de 146 predios afectados. Das citadas 11 ofertas, 6 están conformadas por UTE, o que suma un total de 17 empresas. A tramitación en paralelo dos procedementos de adxudicación da obra e de expropiación ten como obxectivo o inicio das obras en verán.

No que se refire á segunda fase do proxecto, os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 20+090 e o 39+520, nos concellos de Muras e de Xermade. Neste treito, as actuacións centraranse no aumento da capacidade da vía nalgúns tramos en rampla, mediante a incorporación dun carril adicional para vehículos rápidos, reducindo a distancia entre os treitos de adiantamento contiguos.

A actuación na LU-540 permitirá reducir o tempo de viaxe e aumentará a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo, con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme de todo o treito. Esta intervención fará posible que en todo o trazado se permita circular a 90 km/h.

A Xunta segue avanzando nos obxectivos da actuación de reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Chá, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecerlles aos veciños desprazamentos máis cómodos e eficientes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24350 {"title":"A Xunta publica no DOG a convocatoria en maio, xuño e xullo dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras da mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24350"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24350-xunta-publica-dog-convocatoria-maio-xuno-e-xullo-dos-titulares-dos-terreos-necesarios-executar-as-obras-da-mellora-da-capacidade-e-seguridade-da-lu-540-viveiro-e-cabreiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.