A Xunta aposta por xerar sinerxías entre Administración, empresas e centros tecnolóxicos para aproveitar o potencial da Intelixencia artificial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Román Rodríguez avoga por priorizar unha I+D+i que xurda da colaboración público-privada
  • No encontro presentouse un proxecto pioneiro a nivel mundial para facilitar o uso da IA na industria europea

Santiago de Compostela, 14  maio de 2024

A Xunta de Galicia vai apostar polo impulso e o aproveitamento de sinerxías entre a Administración, o tecido empresarial e os centros tecnolóxicos para impulsar as potencialidades da Intelixencia Artificial e a súa aplicación práctica no día a día. Así se comprometeu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, con motivo da clausura da xornada A Intelixencia Artificial para unha industria competitiva, organizada polo centro tecnolóxico AIMEN.

Na súa intervención, o titular de Ciencia do Goberno galego avogou por priorizar unha "I+D+i que naza da colaboración público-privada, e coa que poder ampliar as oportunidades de crecemento, de retención do talento e de transferencia do coñecemento á realidade empresarial". O obxectivo principal é xerar negocio aproveitando os recursos que brinda a Intelixencia Artificial, para o que é "imprescindible integrar a transferencia dese coñecemento nas dinámicas empresariais para garantir a sustentabilidade económica, produtiva e globalizadora e, así, asegurar un capital humano altamente cualificado", remarcou o representante da Xunta.

Colaboración con institucións de oito países

O encontro de hoxe, no que o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, serviu tamén de marco de presentación do proxecto AI-MATTERS,  proxecto pioneiro a nivel mundial para facilitar o uso da Intelixencia Artificial na industria europea, no cal participa AIMEN xunto con outras institucións europeas de oito países diferentes. En concreto, este centro tecnolóxico promoverá a aplicación da IA para procesos industriais no que é punteiro, como a fabricación aditiva, os procesos de fabricación baseados en tecnoloxía láser ou a fabricación de estruturas multimateria.

Román Rodríguez fixo fincapé neste proxecto, o que "permitirá afianzar os vínculos que existen entre os centros de coñecemento e o tecido empresarial, facéndoo como garantía de calidade en todos os puntos da cadea produtiva". Isto posibilitará un maior "acceso a proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico no eido da I+D+i, dando prioridade á tecnoloxía diferencial para mellorar a produción e singularizar o selo propio da nosa industria", engadiu.

Non en balde,  AIMEN Centro Tecnolóxico, cunha traxectoria de máis de 56 anos ao servizo da innovación e a industria, é un referente nacional en I+D+i e na prestación de servizos tecnolóxicos no eido dos materiais, os procesos de fabricación avanzada, a dixitalización e a sostibilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24348 {"title":"A Xunta aposta por xerar sinerxías entre Administración, empresas e centros tecnolóxicos para aproveitar o potencial da Intelixencia artificial","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053337\/240514+aimen+c-1.jpg","id":"24348"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24348-xunta-aposta-xerar-sinerxias-administracion-empresas-e-centros-tecnoloxicos-aproveitar-potencial-da-intelixencia-artificial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.