Galicia salienta a importancia da cooperación territorial no inicio do debate sobre o orzamento europeo posterior a 2027

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no evento, no que se abordou a renovación do ciclo institucional europeo
  • As autoridades participantes salientaron a importancia da cooperación territorial europea á hora de avaliar os novos desafíos que afrontan as rexións e cidades

Croacia, 14 de maio de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión celebrada hoxe na rexión croata de Dalmacia para abordar o futuro do programa Interreg, que financia a cooperación entre rexións e municipios da Unión Europea, e debater os avances que favorecen a cooperación transfronteiriza en Europa.

A conferencia permitiu facer balance da experiencia adquirida ata a data nas tres modalidades de cooperación territorial existentes -transfronteiriza, transnacional e interrexional-, así como da súa aplicación durante o período 2021-2027. Os participantes coincidiron na importancia da cooperación territorial, pois permite aos diferentes territorios intercambiar experiencias e traballar xuntos en igualdade de condicións.

Jesús Gamallo lembrou o recente ditame do Comité das Rexións sobre a creación dun mecanismo de cooperación transfronteiriza, que permitiría flexibilizar a aplicación da normativa nacional ou ben aplicar a do país veciño en certos casos moi concretos nos que a lexislación nacional impide ou obstaculiza algún proxecto de cooperación transfronteiriza.

O director xeral defendeu a importancia de que este sexa voluntario para os Estados membros e gabou a decidida intención das autoridades comunitarias de apostar por este instrumento. Tamén destacou a importancia dos puntos de coordinación transfronteirizos, defendendo que non poden estar afastados das fronteiras. Galicia, que conta cunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cunha ampla e consolidada experiencia, sería unha localización idónea para un punto de contacto destas características.

A cooperación territorial europea representa hoxe tan so un 2,5% do total da política de cohesión europea, cifrada en máis de 322.000 millóns de euros para o período 2021-2027.  Jesús Gamallo, insta a reivindicar dende o Comité Europeo das Rexións unha maior dotación no debate que comeza agora sobre o orzamento europeo despois de 2027. "A nivel europeo, está a haber unha profunda reflexión sobre cales deben ser as prioridades orzamentarias á vista da futura ampliación da UE", sinalou.

Precisamente Santiago de Compostela acolleu o pasado novembro a conferencia anual de Interreg, coa presenza da comisaria de Cohesión e Reformas, na que tamén se abordou esta cuestión.

O grupo interrexional de cooperación transfronteiriza

Ademais da súa actividade como asemblea consultiva, desenvolvida polos seus membros no marco das sesións plenarias e comisións, o Comité Europeo das Rexións (CdR) conta tamén con grupos interrexionais que permiten aos membros debater determinados temas de interese común. O grupo interrexional dedicado á cooperación transfronteiriza, foi creado en 2015 e está formado por 13 rexións, entre as que se atopa Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24339 {"title":"Galicia salienta a importancia da cooperación territorial no inicio do debate sobre o orzamento europeo posterior a 2027","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24339"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24339-galicia-salienta-importancia-da-cooperacion-territorial-inicio-do-debate-orzamento-europeo-posterior-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.