Román Rodríguez avanza que a Xunta comeza a deseñar un novo plan de I+D+i que supoña un salto cualitativo e cuantitativo para Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación reúnese con representantes dos centros tecnolóxicos, aos que transmite o obxectivo de acadar unha Galicia máis competitiva 
  • Destaca a importancia de fomentar a colaboración público-privada coas universidades e os seus centros de investigación

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que a Xunta vai comezar a deseñar un novo Plan de I+D+i que vai supoñer un salto cualitativo e cuantitativo, "co obxectivo de posibilitar a sinerxía entre o coñecemento, a innovación e a ciencia e así dar resposta aos requerimentos dos sectores produtivos para acadar unha Galicia máis competitiva".

Fíxoo na súa primeira reunión de traballo con representantes  destas entidades privadas que desenvolven o seu labor co apoio público a través Axencia Galega de Innovación (GAIN),  logo do cambio de competencias, centralizadas agora en Educación. O obxectivo do encontro "é sentar as bases dunha colaboración fluída e máxima e así mellorar o moito e bo que ten feito Galicia en materia de investigación e innovación durante os últimos anos", explicou. 

Román Rodríguez recalcou o compromiso do Goberno galego con potenciar a ciencia e a transferencia de coñecemento dos centros tecnolóxicos aos sectores produtivos e á sociedade. Agradeceu, ademais a aposta pola innovación destas entidades "que aportan un gran valor e coñecemento a sectores básicos para a economía, como poden ser o naval ou a alimentación, entre outros", destacou. 

Interlocución para aunar estratexias

Neste sentido, o conselleiro manifestou o seu compromiso con ter en conta todo o coñecemento destes centros para deseñar políticas públicas de apoio que respondan ás súas necesidades, "sumando estratexias en prol da competitividade das industrias e dos sectores produtivos e, como consecuencia, para xerar desenvolvemento no conxunto de Galicia".

Román Rodríguez fixo fincapé na necesidade de seguir mellorando o posicionamento destes centros, o seu rendemento e a captación de fondos estatais e europeos, da man das empresas e fomentando a colaboración público-privada coas universidades e os seus centros de investigación.

A Consellería realizará unha rolda de visitas a estes centros para coñecer o seu labor e potencialidades, de cara a un maior aproveitamento das mesmas dentro do ecosistema de I+D+i galego.

Ademais de Román Rodríguez, participaron na reunión o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Por parte dos centros tecnolóxicos asistiron a directora de Operacións e Organización de Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Pescados e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA), Miriam Costas; o director xerente da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), Jesús Lago; o director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno; o director xeral da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (GRADIANT), Luis Pérez; o director da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo Orosa; o director xeral do Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (ENERGYLAB), Fernando Val; o director xeral do Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), Toni Pons; o presidente do Clúster de Acuicultura de Galicia (CETGA), Santiago Cabaleiro, e a directora do Centro Galego de Investigacións da Auga (CETAQUA), Teresa Alvariño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24331 {"title":"Román Rodríguez avanza que a Xunta comeza a deseñar un novo plan de I+D+i que supoña un salto cualitativo e cuantitativo para Galicia","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053337\/240514_tecnoloxicos_13c.jpg","id":"24331"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24331-roman-rodriguez-avanza-xunta-comeza-desenar-novo-plan-supona-salto-cualitativo-e-cuantitativo-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.