A Xunta celebra que A Coruña acolla por segundo ano consecutivo a competición internacional 'Karate Youth League'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación do evento, que se celebrará do xoves ao domingo con máis de 3.000 karatekas de 12 a 20 anos de categorías inferiores de 77 países, entre eles medio cento de 16 clubs da comunidade 

A Coruña, 13 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación da Karate 1-Youth League A Coruña 2024, que se celebrará por segundo ano consecutivo na Coruña. Trátase da segunda proba do circuíto mundial das categorías inferiores de Karate, que xa celebrou unha primeira competición en Emiratos Árabes e que, tras A Coruña, recalará en Croacia, México e Italia. 

Entre o xoves e o domingo desta semana, máis de 3.000 deportistas entre 12 e 20 anos de 77 países demostrarán os seu talento na cidade coruñesa e prevese que, ao igual que o ano pasado, o evento teña un gran impacto coa asistencia dunhas 7.000 persoas.

Diego Calvo destacou o papel de España nesta disciplina ao achegar case 600 deportistas e lembrou que, desa cifra, 51 son galegos pertencentes a 16 clubs da comunidade. Ademais, destacou o feito de que catro dos integrantes da representación galega forman parte da selección española: Alba Rocha, Eva Rodríguez, Uxía Folgueira e Roque Mazoy.

Na súa intervención tamén agradeceu o traballo da Real Federación Española de Karate e Disciplinas Asociadas e a colaboración da Federación Galega de Karate e D.A. para que A Coruña poida ser un ano máis sede do Karate mundial demostrando o potencial de Galicia na organización de eventos deportivos de elite e de relevancia internacional.

A Karate 1-Youth League conta con actividades complementarias relacionadas coa formación. Isto é, un curso mundial de arbitraxe, outro de coach internacional e seminarios formativos no eido da alta competición impartidos por campións do mundo como Iván Leal Reglero, Douglas Brose, María Torres, Carlota Fernández, María Isabel Nieto e Adriana Gil.

O conselleiro de Deportes destacou a importancia da formación no ámbito deportivo e tamén lembrou a aposta que fai Galicia pola tecnificación galega. Así, ademais dos cinco anos que o karate estivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (2008-2023) coincidindo co seu ciclo olímpico, subliñou a importancia de que agora conte cun Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Karate que está a funcionar dende inicios de ano en Santiago de Compostela.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24315 {"title":"A Xunta celebra que A Coruña acolla por segundo ano consecutivo a competición internacional 'Karate Youth League'","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887447\/20240513KarateYouthLeague14.jpg","id":"24315"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24315-xunta-celebra-coruna-acolla-ano-consecutivo-competicion-internacional-karate-youth-league https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.