A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña

  • A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecerá unha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no municipio
  • A responsable da posta en marcha das instalacións será a empresa concesionaria, Supervisión y Control Applus+, que prevé ubicala no polígono de Vío

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se determina a localización dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no concello da Coruña, a primeira coa que contará este municipio.

A normativa establece que a situación das estacións fixas será determinada procurando a total cobertura do territorio, atendendo aos criterios de economía e custo mínimo global do servizo para os usuarios -minimizando o desprazamento que os vehículos teñan que realizar para a inspección e distribuíndo, ao mesmo tempo, as estacións dun xeito equilibrado e lóxico dentro do territorio galego- e posibilitando o autofinanciamento das estacións.

Nos últimos anos, a Administración autonómica está a realizar un importante esforzo por incrementar e mellorar a rede de estacións de ITV en Galicia, en coordinación coa entidade concesionaria, SYC Applus+. Esta compañía será a encargada de poñer en marcha a nova estación de inspección técnica de vehículos, que se prevé ubicar no polígono de Vío.

Desde a Xunta de Galicia avógase por aliñar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) cos retos de futuro do sector da automoción para consolidar esta actividade como un factor esencial para a mellora da seguridade viaria e o medio ambiente. Para dar resposta a este novo escenario, desde a Administración autonómica estanse a desenvolver diferentes iniciativas, como a futura posta en marcha dun centro de desenvolvemento técnico de proxectos de investigación para adaptar a ITV ás transformacións que se están a producir no sector da automoción.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24307 {"title":"A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24307"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24307-xunta-determina-creacion-dunha-nova-itv-concello-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.