O delegado territorial en Pontevedra e Jorge Cubela reúnense para potenciar as vías de colaboración contra os incendios de cara ao verán

Imagen del artículo O delegado territorial en Pontevedra e Jorge Cubela reúnense para potenciar as vías de colaboración contra os incendios de cara ao verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Reguera lembrou a importancia de traballar de forma coordinada na prevención e na extinción dos incendios
  • O alcalde de Cerdedo-Cotobade destacou a necesidade de minimizar os riscos

Pontevedra, 13 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, mantivo unha reunión co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, na que tamén estivo presente o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

Trátase dunha reunión solicitada por Cubela de cara ao inicio da tempada de verán e ao previsible aumento no risco de incendios en toda a comarca. Neste sentido, o alcalde de Cerdedo-Cotobade solicitou información e colaboración por parte da Xunta de Galicia para "minimizar os riscos e estar preparados para a lacra dos incendios forestais que nos ameaza cada ano".

O delegado territorial asegurou que a protección e prevención dos espazos naturais é unha prioridade para o goberno autonómico e destacou a importancia de "seguir traballando de forma coordinada con concellos, non só na localización e extinción dos focos, senón tamén na prevención".

Xustamente a prevención foi un dos temas principais do encontro, no que tanto o alcalde como o delegado territorial coincidiron na necesidade de manter as pistas forestais limpas e desbrozadas.

"Seguiremos traballando da man dos concellos, dos equipos de emerxencias e dos técnicos e poremos todo da nosa parte para que todos os galegos e galegas poidan gozar dun verán tranquilo", concluíu Reguera.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24304 {"title":"O delegado territorial en Pontevedra e Jorge Cubela reúnense para potenciar as vías de colaboración contra os incendios de cara ao verán","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887447\/reunion+cubela.jpeg","id":"24304"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24304-delegado-territorial-pontevedra-e-jorge-cubela-reunense-potenciar-as-vias-colaboracion-os-incendios-cara-ao-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.