A Xunta concede 220.000 euros a dez asociacións de criadores para o fomento das razas autóctonas galegas

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas, que esgotaron a totalidade do seu crédito
  • A finalidade destas achegas é apoiar a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza
  • As subvencións non só teñen beneficios para a biodiversidade, senón que contribúen á preservación do patrimonio cultural de Galicia e ao desenvolvemento económico da comunidade rural galega

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se conceden as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas. En total, o Goberno autonómico concedeu 220.000 euros -esgotando a totalidade do crédito dispoñible- a dez asociacións de criadores.

 

As beneficiarias destas achegas son as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas oficialmente pola Comunidade Autónoma para a xestión do libro xenealóxico no marco do Programa de cría da raza correspondente.

 

O investimento total procede dos orzamentos xerais tanto da Xunta, como do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). No marco destas achegas, son subvencionables a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza.

 

Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria son acadar unha explotación sostible dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade; a recuperación da variabilidade xenética das razas autóctonas de Galicia, así como a súa potenciación de ser o caso; as diversificacións das actividades económicas no medio rural e favorecer a fixación de rendas complementarias a través da produción con estas razas; o aproveitamento dos recursos naturais e o apoio e difusión da mellora xenética destas razas.

 

Estas subvencións non só presentan beneficios para a biodiversidade, senón que contribúen á preservación do patrimonio cultural de Galicia e ao desenvolvemento económico da comunidade rural galega. Manter medidas de apoio a estas razas tamén permite que se desenvolvan sistemas agrogandeiros máis resilientes e sostibles.

 

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240513/AnuncioG0426-030524-0002_gl.html

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24303 {"title":"A Xunta concede 220.000 euros a dez asociacións de criadores para o fomento das razas autóctonas galegas","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24303"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24303-xunta-concede-220-000-euros-dez-asociacions-criadores-fomento-das-razas-autoctonas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.