Medio Rural pon en valor a artesanía alimentaria coa celebración dunha xornada formativa para dar a coñecer este selo

Imagen del artículo Medio Rural pon en valor a artesanía alimentaria coa celebración dunha xornada formativa para dar a coñecer este selo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá no peche deste evento, celebrado no Pazo de Quián, no concello coruñés de Boqueixón
  • O Goberno autonómico está a desenvolver diferentes accións divulgativas para poñer en valor este distintivo, organizadas co fin de dar a coñecer a importancia do produto artesán como alimento de calidade
  • A acción de hoxe celebrouse en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, e estivo especialmente dirixida a aqueles produtores identificados como operadores potenciais

Boqueixón (A Coruña), 13 de maio de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá no peche da xornada técnica de Artesanía Alimentaria, celebrada ao longo desta mañá no Pazo de Quián, no concello coruñés de Boqueixón. Durante a súa intervención, José Luis Cabarcos puxo en valor este tipo de eventos, que contribúen a promocionar o selo Artesanía Alimentaria, creado co obxectivo de protexer o bo facer dos artesáns tradicionais e defender a súa profesión ante etiquetaxes enganosos, para conservar e preservar as elaboracións de produtos artesanais tradicionais arraigadas na nosa cultura.

 

Neste sentido, a Consellería do Medio Rural está a desenvolver diferentes accións divulgativas para poñer en valor este distintivo. Entre elas, destacan as Xornadas Formativas de Artesanía Alimentaria 2024, organizadas co fin de dar a coñecer a importancia do produto artesán como alimento de calidade, explicou o director.

 

A acción formativa de hoxe celebrouse en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, e estivo especialmente dirixida a aqueles produtores identificados como operadores potenciais, susceptibles de adherirse a este novo selo de garantía de calidade diferenciada. Así, entre outras cuestións explicáronselle as axudas para a promoción do selo de Artesanía Alimentaria, co fin de animalos a que se sumen a esta iniciativa.

 

Coa súa incorporación á Artesanía Alimentaria, as empresas colaboradoras terán a posibilidade de incrementar o valor do seu produto, xa que poderán ofrecer unha garantía de calidade e do seu carácter artesanal, ademais de darlle unha maior visibilidade no mercado especializado.

 

O evento contou coa participación da Axencia, de empresas artesanais e do GDR Terras de Compostela. Ao longo da xornada tratáronse diferentes cuestións vencelladas con este selo, como os seus obxectivos e vantaxes, a regulación da súa actividade ou as normas técnicas existentes.

 

Artesanía Alimentaria

O Goberno autonómico puxo en marcha este indicativo no ano 2020, na procura dun sector estruturado en concordancia cos requisitos establecidos pola Unión Europea, convertendo a Galicia nunha comunidade autónoma pioneira na regulación dunha marca destas características, así como na creación de diversas normas técnicas e dos distintivos identificadores.

 

Considérase artesanía alimentaria aquela actividade de elaboración, manipulación e transformación de produtos alimentarios que, ademais de cumprir os requisitos que establece a normativa vixente, están suxeitos a unhas condicións durante todo o seu proceso produtivo que son respectuosas co medio e garanten á persoa consumidora un produto individualizado, seguro dende o punto de vista hixiénico-sanitario, de calidade e con características diferenciadas, resultado da produción en cantidades limitadas controladas pola intervención persoal da artesá ou do artesán.

 

Actualmente existen 14 normas técnicas que regulan a produción artesá de produtos como o requeixo e os xeados (dentro dos derivados lácteos) ou as conservas vexetais. Dentro da aposta do Goberno autonómico pola potenciación desta figura pioneira, contémplase a aprobación este mesmo ano dunha ducia de novas normas técnicas -pasando das 14 actuais a 26- e a incorporación estimada dun novo cento de empresas artesáns antes de que remate 2025 -duplicando, polo tanto, o rexistro actual-.

 

No referido ás normas técnicas, cómpre lembrar que recollen os requisitos que debe respectar un produto para poder ser considerado artesán. As 12 novas normas que se sumarán ao catálogo de Artesanía Alimentaria inclúen elaboracións como a manteiga, o vermú, vinagre de viño e de sidra, licores, augardentes e outras bebidas espirituosas; así como os zumes e o hidromel. Por outra banda, poderán contar tamén con este selo produtos como o pan, as empanadas, as fariñas e as comidas preparadas; así como as conservas e derivados da helicicultura -referida aos caracois comestibles-.

 

No acto de hoxe, José Luis Cabarcos avanzou tamén que precisamente a Artesanía Alimentaria será protagonista esta vindeira fin de semana na feira GastroTur do Ulla, xa que a Xunta organizará neste evento, que terá lugar na localidade pontevedresa da Estrada, un mercado artesanal no que participarán unha vintena de expositores de produtos alimentarios con este selo.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24302 {"title":"Medio Rural pon en valor a artesanía alimentaria coa celebración dunha xornada formativa para dar a coñecer este selo","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887447\/240513_Cabarcos_xornada_artesania_alimentaria.jpeg","id":"24302"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24302-medio-rural-pon-valor-artesania-alimentaria-coa-celebracion-dunha-xornada-formativa-dar-conecer-selo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.