Belén do Campo e os representantes da asociación local de Teletaxi abordan a situación do sector na Coruña

Imagen del artículo Belén do Campo e os representantes da asociación local de Teletaxi abordan a situación do sector na Coruña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada lembrou o apoio da Xunta ao sector a través dunha liña de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO

A Coruña, 13 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro cos representantes da asociación local de Teletaxi, que preside Ricardo Villamisar. Na reunión a delegada recalcou que Goberno galego apoia, desde hai anos, aos profesionais do taxi, un sector que en Galicia dá emprego a preto de 5.000 familias e que presta un servizo esencial, favorecendo e garantindo a mobilidade da xente.

No encontro a representante do Goberno galego lembrou o apoio ao sector a través de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, e de emisións cero ou categoría ECO, que supoñen un investimento de 500.000 euros.

O obxectivo da Xunta é reforzar a aposta do sector do taxi pola inclusión social, financiando a adquisición de vehículos adaptados ás diferentes necesidades de mobilidade e sumar aos profesionais do taxi á loita contra o cambio climático, dotándoos de vehículos menos contaminantes.

A Xunta, desde 2016, leva concedidos incentivos ao sector do taxi por máis de 5,4 millóns de euros que facilitaron a compra dun total de 926 vehículos. En concreto, baixo estes incentivos adquiríronse 282 vehículos adaptados, 613 taxis de baixas emisións e 31 de emisións cero.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24292 {"title":"Belén do Campo e os representantes da asociación local de Teletaxi abordan a situación do sector na Coruña","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887447\/Foto+1.jpg","id":"24292"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24292-belen-do-campo-e-os-representantes-da-asociacion-local-teletaxi-abordan-situacion-do-sector-na-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.