A Xunta declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal da Madanela, no concello ourensán de Monterrei, para mobilizar máis terra agraria

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto desta declaración, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento
  • No referido á orientación produtiva deste novo polígono, entre as actividades previstas está a gandaría en extensivo, enmarcándose na aposta da Xunta por prever os incendios forestais a través da xestión do territorio
  • Dentro da aposta por impulsar estas figuras incluídas na Lei de recuperación da terra agraria, nos últimos catro meses foron declarados un total de oito, ascendendo xa a 34 os polígonos aprobados en Galicia para mobilizar en total máis de 9.500 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto mediante o cal se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal da Madanela, situado no concello ourensán de Monterrei, que permitirá poñer en valor 56 hectáreas distribuídas en 496 parcelas de 241 propietarios.

Esta declaración implica, entre outras cousas, o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento. Así mesmo, autorízase a redacción do proxecto básico e a execución dos procedementos de investigación da titularidade na forma prevista na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

No referido á orientación produtiva deste novo polígono, entre as actividades previstas está a gandaría en extensivo, enmarcándose na aposta da Xunta por prever os incendios forestais a través da xestión do territorio. Ademais, na zona proposta existen masas de frondosas caducifolias a protexer, polo que o uso gandeiro en extensivo é óptimo para a súa conservación.

Sobre a orientación produtiva deste novo polígono, cómpre resaltar que está localizado na área demarcada da Denominación de Orixe Monterrei, existindo unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial. Ademais, tamén entre as actividades previstas está a gandaría en extensivo, enmarcándose na aposta da Xunta por prever os incendios forestais a través da xestión do territorio.

Polígonos agroforestais

Dentro do compromiso do Goberno autonómico por desenvolver esta figura de mobilización, incluída na Lei de recuperación da terra agraria, no que vai de ano xa se aprobaron as declaracións de utilidade pública de interese social de ata oito polígonos agroforestais en toda a comunidade, dos cales catro se localizan na provincia de Ourense -o aprobado hoxe e os de Cambela, no concello de San Xoán de Río; o dos Blancos, no municipio homónimo; e o outro situado en terreos da localidade ourensá da Peroxa e da lucense de Carballedo-.

Contando co da Madanela, Galicia conta hoxe con 34 polígonos agroforestais -21 deles, na provincia de Ourense- aprobados, atopándose en distintas fases de execución. O primeiro en entrar en produción será o do concello ourensán de Oímbra, no primeiro semestre deste ano. En total, a través desta figura mobilízanse en Galicia 9.532 hectáreas, abranguendo 31.598 parcelas e 9.220 persoas propietarias directamente beneficiadas.

Ligazón á publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240513/AnuncioG0426-020524-0002_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24286 {"title":"A Xunta declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal da Madanela, no concello ourensán de Monterrei, para mobilizar máis terra agraria","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24286"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24286-xunta-declara-utilidade-publica-e-interese-social-poligono-agroforestal-da-madanela-concello-ourensan-monterrei-mobilizar-mais-terra-agraria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.