Arredor de 200 docentes afianzan a súa formación en linguas estranxeiras con estratexias para a dinamización na aulas e novos recursos didácticos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Román Rodríguez destaca as distintas accións impulsadas pola Xunta neste eido como a certificación de competencias lingüísticas ou a mobilidade internacional
  • Tamén participa na xornada sobre intelixencia artificial de CECE-Galicia

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2024

Arredor de 200 docentes participan hoxe nunha xornada de formación en linguas estranxeiras organizada pola Xunta de Galicia, a través do Centro Autonómico de Formación e Recursos, para afondar en novas metodoloxías e estratexias para a dinamización nas aulas así como sobre o uso de novos recursos didácticos e sobre os retos e as posibilidades que abre o emprego da intelixencia artificial entre outros.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, subliñou a importancia da competencia plurilingüe no contexto actual e puxo en valor o conxunto de iniciativas que está reforzando a Xunta de Galicia a través da Estratexia de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030 "coa continuidade e a consolidación dos programas levados a cabo na última década e nos que  se inclúen novos retos de calidade vencellados non só á internacionalización, senón tamén á inclusión e á innovación".

O conselleiro referiuse, en concreto, ao reforzo da certificación das competencias lingüísticas tanto para o profesorado como para o alumnado como "unha das apostas" dos próximos anos co desenvolvemento, xa en marcha, "dun programa intensivo" de certificación e acreditación no marco europeo. 

A intelixencia artificial ao servizo da educación

O titular de Educación participou tamén nas xornadas sobre intelixencia artificial organizadas por CECE-Galicia, onde puxo de manifesto o compromiso do Goberno galego por "actualizar e reorientar" o uso das novas tecnoloxías e as "inmensas posibilidades" que abren no eido formativo.

Neste senso, a través da Estratexia de Educación Dixital, Edudixital 2030, a Consellería de Educación pon á disposición da comunidade educativa distintas ferramentas tanto no que atinxe á formación académica como a aspectos relativos ao uso seguro das novas tecnoloxías.

Tamén neste eido, estase implantando un procedemento de Acreditación da Competencia Dixital para alumnado, profesorado e persoas adultas, co fin de reforzar a capacitación no uso das novas tecnoloxías.

Finalmente, o conselleiro referiuse ao proxecto EdugaIA, de aplicación das vantaxes da intelixencia artificial á administración educativa dixital, para mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico centralizado e habilitar unha ventanilla única de comunicación da comunidade educativa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24262 {"title":"Arredor de 200 docentes afianzan a súa formación en linguas estranxeiras con estratexias para a dinamización na aulas e novos recursos didácticos","published_date":"2024-05-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887441\/240511+linguas+c-1.jpg","id":"24262"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-11/24262-arredor-200-docentes-afianzan-sua-formacion-linguas-estranxeiras-estratexias-dinamizacion-na-aulas-e-novos-recursos-didacticos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.