Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III

Vigo (Pontevedra), 11 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Vigo as instalacións de Motos Eléctricas Galicia, Moto Motion, para comprobar algunhas das iniciativas que esta empresa desenvolve no eido da mobilidade sustentable. O establecemento contou co apoio do Moves III para a compra de 10 motos eléctricas que a empresa ten a disposición dos seus clientes para aluguer.

 

Lorenzana lembrou que a mobilidade xoga un papel esencial na Axenda Enerxética de Galicia 2030, na que se contemplan accións como o fomento do uso de fontes de enerxía renovable no transporte, a renovación do propio parque móbil da administración, o fomento do vehículo eléctrico ou a promoción da mobilidade eficiente e sustentable.

 

Desde a Xunta de Galicia avógase pola neutralidade tecnolóxica, apostando tanto polos vehículos eléctricos como por outras tecnoloxías como os biocombustibles ou o hidróxeno verde. Neste eido, e tal e como sinalou a responsable de Economía e Industria, a Administración autonómica traballa desde o convencemento de que, ademais de establecer medidas lexislativas e estratexias que contribúen ao proceso de transición, tamén é preciso poñer ao dispor da cidadanía as ferramentas necesarias.

 

Así, cóntase con programas como o Moves III, que en Galicia xestiona o Inega. Esta convocatoria, aberta á presentación de solicitudes ata o 31 de xullo, conta cun orzamento de 40,5 millóns de euros, e estase tramitando unha ampliación de 3,3 M€.

 

A este programa súmase o Plan Renova o teu Vehículo, ao que este ano a Xunta destinou 3,15 millóns de euros e cuxos fondos están xa esgotados. Con el buscábase incentivar a renovación do parque móbil galego con máis de 15 anos de antigüidade por vehículos menos contaminantes á vez que máis seguros, e ademais establecíanse maiores axudas canto menores eran as emisións. Estas iniciativas enmárcanse no compromiso da Xunta de Galicia coa mobilidade sustentable como parte fundamental dunha transición enerxética que ten que ser ordenada e xusta para todos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24256 {"title":"Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable","published_date":"2024-05-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24256"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-11/24256-lorenzana-salienta-vigo-compromiso-da-xunta-coa-mobilidade-sustentable https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.