A Policía Autonómica levou a cabo o ano pasado máis de 200.000 actuacións no marco das súas competencias

  • Destaca a actividade relacionada coa protección de vítimas de violencia de xénero, a prevención e investigación de incendios forestais, a loita contra o furtivismo ou o control das diferentes rutas do Camiño de Santiago
  • O cadro de persoal da UPA atópase a menos do 70 % da súa capacidade con 349 efectivos, fronte aos 500 que lle correspondería á comunidade

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2024

A Policía Autonómica levou a cabo o ano pasado máis de 200.200 actuacións no marco das súas competencias. Destaca a actividade relacionada coa protección das vítimas de violencia de xénero, a prevención e investigación de incendios forestais, a loita contra o furtivismo ou a vixilancia das diferentes rutas dos Camiños de Santiago.

A unidade incrementou de forma progresiva as súas funcións,  e asume actualmente actuacións en materias como a protección de edificios e personalidades, de menores e de vítimas de violencia de xénero, do medio natural e dos recursos mariños, da caza, da gandería, así como a prevención e investigación de incendios forestais, o control da pesca fluvial, ou en materia de xogo e espectáculos, saúde pública e protección do patrimonio histórico, artístico e cultural. Ademais, encárgase da vixilancia das rutas xacobeas, cun número crecente de peregrinos cada ano, e con especial relevancia nos Anos Santos para garantir a seguridade da cidadanía e de visitantes.

 

Este aumento de competencias non se viu reforzado desde o Goberno central cun incremento de efectivos, segundo reflicte o informe abordado no Consello. Deste xeito, a Xunta xa advertiu de forma reiterada que a actividade da Policía Autonómica está a verse afectada pola continua redución de axentes,  ao mesmo tempo que se incrementan as funcións asignadas. Por iso, tamén se instou en reiteradas ocasións ao Ministerio do Interior a renovar o convenio que permita cubrir as prazas vacantes, unha demanda que Galicia comparte con outras comunidades como Aragón, Andalucía e Comunidade Valenciana, como así lle trasladaron representantes destas autonomías por carta ao Executivo estatal o pasado decembro.

 

Na actualidade o cadro de persoal é de 349 efectivos dispoñibles, o que supón unha ocupación de apenas o 69,8 %. O número máximo de efectivos logrouse en 2013 con 474 e, desde entón, reduciuse de forma continuada, polo que o Goberno central ten reclamado en reiteradas ocasións ao Executivo estatal que cubra as vacantes ata os 500 efectivos que segundo o catálogo de persoal lle correspondería á comunidade.

 

Canto á actividade ordinaria da unidade, no eido da policía xudicial tramitáronse 87 atestados en materias como incendios, urbanismo, menores e patrimonio, así como 27.262 inspeccións que deron como resultado a tramitación de 4.772 actas de denuncia. Tamén se realizaron 1.218 traslados de menores e a Policía Autonómica e actualmente ocúpase da protección de  275 vítimas de violencia de xénero a través do sistema Vioxén.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24254 {"title":"A Policía Autonómica levou a cabo o ano pasado máis de 200.000 actuacións no marco das súas competencias","published_date":"2024-05-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24254"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-11/24254-policia-autonomica-levou-cabo-ano-pasado-mais-200-000-actuacions-marco-das-suas-competencias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.