A Xunta pon en valor o traballo dos colexios profesionais e a súa contribución a unha Galicia máis próspera

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na entrega dos premios anuais da Unión Profesional de Galicia, que recoñecen o labor dunha vintena de persoas colexiadas de distintos sectores

Santiago de Compostela, 10 de maio 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o traballo e o compromiso dos colexios profesionais da comunidade para contribuír, desde as respectivas áreas de actividade, a unha Galicia máis próspera e sendo unha parte clave do Estado de benestar. Así o destacou durante a entrega de premios Profesional Colexiado 2023. Distinción Unión Profesional de Galicia 2024, acto ao que tamén asistiu o director xeral de Xustiza, José Tronchoni.

Na súa intervención, Diego Calvo incidiu en que os colexios profesionais dan prestixio aos distintos sectores, xa que constitúen órganos de representación institucional das profesións que permiten a súa ordenación, e desde os que se defenden os intereses profesionais das persoas colexiadas e, ao mesmo tempo, se protexen os intereses das persoas consumidoras e usuarias dos servizos que estes prestan.

Nesta cuarta edición dos premios recoñeceuse o labor de 20 persoas colexiadas de sectores vinculados ao ámbito xurídico; profesións sanitarias; científico-técnicas; profesións da economía e a empresa, da arquitectura, a enxeñaría e do ámbito social aos que representa a organización. Ademais, fíxose entrega da Distinción Unión Profesional de Galicia a Miguel Carrero López, o primeiro presidente da entidade. Actualmente, a Unión Profesional de Galicia conta con 85.000 persoas colexiadas de 43 colexios profesionais e de 31 profesións tituladas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24245 {"title":"A Xunta pon en valor o traballo dos colexios profesionais e a súa contribución a unha Galicia máis próspera","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24245"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24245-xunta-pon-valor-traballo-dos-colexios-profesionais-e-sua-contribucion-unha-galicia-mais-prospera https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.