Xuventude ofrece preto de 800 prazas para este verán no albergue de Gandarío en Bergondo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita estas instalacións nas que se levan a cabo actividades dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia
  • En total, este ano ofrécense máis de 11.500 prazas para a mocidade galega de entre 9 e 30 anos, das cales 3.651 son na provincia da Coruña

Bergondo  (A Coruña), 10 de maio de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o albergue xuvenil de Gandarío, no municipio coruñés de Bergondo, onde a Xunta de Galicia ofrece este verán preto de 800 prazas de campamentos de verán e actividades para persoas con discapacidade. Trátase dunhas instalacións nas que, ademais, tamén se facilita a participación de medio cento de mozos e mozas de familias emigrantes galegas. 

Na súa visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que estas actividades forman parte da rede da campaña de verán deste ano da Xunta. Un programa que, tal e como destacou, oferta de máis de 11.500 prazas para a mocidade galega de entre 9 e 30 anos, das cales 3.651 son na provincia da Coruña. 

"Este 2024 rexistramos un récord histórico, ao ofrecer 300 máis que na anterior edición", salientou a responsable desta área da consellería. Neste senso, Lara Meneses lembrou que a campaña deste ano conta con novas instalacións e actividades de lecer "que lle permitirán á xuventude vivir o seu mellor verán", tal e como recolle o lema deste ano. 

Deste xeito, a Xunta ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral. Toda a información deste programa pode consultarse en xuventude.xunta.es/accion-de-veran.

Mocidade da emigración galega

Na súa visita, Meneses tamén explicou que, grazas á colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, no albergue de Gandarío participarán 50 mozos e mozas de familias emigrantes galegas que participarán no campamento Actividades no mar, que se desenvolverá do 15 ao 29 de xullo. 

En total no albergue de Gandarío desenvolveranse  5 quendas de campamentos con idades comprendidas entre os 11 e os 17 anos e ademais, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), desenvolveranse outros tres para fomentar as vocacións tecnolóxicas: Creando o meu videoxogo, A vista de paxaro: primeiros pasos con drons, e Adestrando o meu robot, de 20 prazas cada un. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24239 {"title":"Xuventude ofrece preto de 800 prazas para este verán no albergue de Gandarío en Bergondo","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/20240510_meneses_bergondo_1.jpg","id":"24239"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24239-xuventude-ofrece-preto-800-prazas-veran-albergue-gandario-bergondo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.