A Xunta investiu máis de 600.000 € nas obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

  • Os traballos foron financiados a través dun convenio co Concello ao abeiro do Plan Hurbe, no que a Dirección Xeral de Urbanismo asumiu o 60% do investimento e a Axencia Galega de Turismo o 40%
  • Martínez Allegue subliña a posta en valor da Fortaleza a través desta actuación, que mellora as infraestruturas e a accesibilidade desta contorna e con elas a calidade de vida da veciñanza "e constitúen un revulsivo para este atractivo patrimonial e turístico de Salvaterra"

Salvaterra, 10 de maio de 2024

A Xunta investiu 612.000€ nas obras de humanización na Fortaleza de Salvaterra de Miño, actuación que hoxe visitou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel. Os traballos foron financiados a través dun convenio co Concello financiado ao abeiro do Plan Hurbe, coa aportación do 59,1% do investimento por parte da Dirección Xeral de Urbanismo e o restante 40,8% pola Axencia de Turismo de Galicia.

A conselleira subliñou a completa actuación realizada que, segundo destacou, pon en valor este recinto coa mellora das infraestruturas e a accesibilidade, "melloran a calidade de vida da veciñanza e constitúen tamén un revulsivo para este importante atractivo patrimonial e turístico de Salvaterra".

En concreto, neste proxecto actuouse na humanización da praza da Oliva e rúas do recinto murado de Salvaterra de Miño, con traballos de repavimentación, a revisión de infraestruturas urbanísticas, o soterrado de redes e a dotación de novas infraestruturas, iluminación ou mobiliario.

Martínez Allegue destacou que a través do Plan Hurbe o Concello de Salvaterra tamén financiara con anterioridade a rehabilitación interior do antigo edificio do Concello como biblioteca municipal, cun investimento de máis de 300.000€.

Desde o 2020 investíronse 17,1M€ en máis de oitenta actuacións en Galicia ao abeiro do citado Plan Hurbe, das que dez se desenvolveron na provincia de Pontevedra. En concreto, estes últimos proxectos sumaron 4,7M€ e realizáronse, ademais de Salvaterra de Miño, en Mos, A Estrada, Arbo, Covelo e O Porriño.

Por outra banda, a conselleira anunciou novos investimentos da Xunta en Salvaterra de Miño, como a mellora da Rúa Miño, que conecta a ponte internacional e a estrada PO-510, que se licitará no vindeiro mes de xuño por un orzamento de 420.000€. Así mesmo, encargouse a redacción do proxecto para o reforzo do firme dun treito da PO-399 (estrada de Cabreira). "Seguiremos apostando por estes proxectos e pola vertebración do territorio para mellorar a calidade de vida dos galegos -sinalou a conselleira-, en colaboración cos concellos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24230 {"title":"A Xunta investiu máis de 600.000 € nas obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24230"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24230-xunta-investiu-mais-600-000-nas-obras-humanizacion-da-fortaleza-salvaterra-mino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.