A Xunta licitará antes de que remate o curso a reforma do Colexio de Ortigueira, en Vedra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o centro, onde tamén se reformará o ximnasio e se ampliará o comedor
  • "Flexibilizamos espazos, dándolles máis amplitude, luz natural e versatilidade, de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica", destaca 

Vedra (A Coruña), 10 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou a próxima licitación da obra de reforma do Colexio CEIP de Ortigueira, en Vedra, que contará cun investimento de máis de 400.000€. "Trátase dunha actuación moi ambiciosa que vai permitir mellorar o ximnasio do centro, ao tempo que se crean novos espazos exteriores para o lecer e o deporte resgardados da choiva e do frío", explicou o conselleiro.  

Segundo sinalou, a previsión é licitar a actuación no prazo aproximado dun mes. Unha vez se adxudique, ten un prazo de execución de seis meses. Así mesmo, lembrou que a Administración autonómica leva investidos máis de 1,1M€ na última década nos dous colexios do municipio, dos que cómpre destacar a do Centro Público Integrado (CPI) Plurilingüe de Vedra, que en 2020 foi obxecto dunha importante ampliación coa dotación dun novo aulario para Secundaria.

Nova cuberta exterior

A actuación no CEIP de Ortigueira consistirá na construción dunha nova cuberta exterior na fachada oeste do edificio de Primaria, creando unha terraza practicable desde o comedor que tamén conectará co patio orientado a sur. Este espazo dará a oportunidade de trasladar ou comedor ao exterior, entre outras actividades posibles.

A nova cubrición permitirá tamén crear un patio en continuidade co ximnasio, que estará iluminado con luz natural a través de lucernarios e contará con bancadas, xardineiras e unha pérgola vexetal. Ademais, mellorarase a accesibilidade mediante camiños de terra compactada.

No que atinxe ao ximnasio, dotarase de novos aseos, un deles adaptado, e almacén. Así mesmo, demolerase o peche actual, substituíndoo por carpinterías practicables e transparentes que melloren a entrada da luz natural e permitan abrir o espazo ao patio cuberto. A actuación suporá a reforma dunha superficie de 397m² e a construción doutros 220m² de espazo útil.

"En definitiva, imos flexibilizar espazos, dándolles máis amplitude, luz natural e versatilidade, de acordo cos principios fundamentais do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica", destacou Román Rodríguez.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24222 {"title":"A Xunta licitará antes de que remate o curso a reforma do Colexio de Ortigueira, en Vedra","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/20240510CEIPOrtigueiraVedra1.jpg","id":"24222"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24222-xunta-licitara-remate-curso-reforma-do-colexio-ortigueira-vedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.