A Xunta convoca as axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior e seis bolsas en cooperación internacional

  • O Diario Oficial de Galicia recolle as bases das medidas cuxos orzamentos suman 659.000 euros
  • En ambos os casos as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes desde mañá a través da sede electrónica da Xunta

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións anuais para proxectos de acción humanitaria no exterior e a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento. As medidas, enmarcadas no Plan anual 2024 da Cooperación Galega, suman un orzamento de 659.000 euros.

A primeira das liñas de axudas, dotada con 550.000 euros, destínase ao apoio aos proxectos executados no exterior polas ONGD que posúan entre os seus fins a acción humanitaria ou conten con experiencia neste ámbito. As iniciativas deben contar con socios locais que participen na súa execución e na xestión dos recursos, cun compromiso expreso. A duración máxima das actuacións será de 12 meses. Poden estar iniciadas desde o pasado xaneiro e deben rematar antes do 31 de decembro deste ano. Cada entidade pode presentar un proxecto individual.

Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte á iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises - provocadas por seres humanos ou por desastres naturais -, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións. 

A acción humanitaria inclúe a protección de vítimas, así como a provisión de auga, comida, saneamento, refuxio, atención sanitaria e outros tipos de asistencia, emprendidos a favor das persoas afectadas, para facilitar o retorno á vida normal e aos seus medios de vida e sustento; tamén incorpora a redución e prevención do risco de desastres.

Formación en cooperación

Pola súa banda, a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento conta con 108.991 euros de orzamento, que se destinarán ao pagamento ás persoas bolseiras do importe das bolsas e das cotas patronais da Seguridade Social.

A formación realizarase nun máximo de 12 meses entre outubro de 2024 e setembro de 2025 na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela ou en Oficinas da Cooperación Española da Axencia Española de Cooperación Internacional (Aecid).

As persoas solicitantes deben ter residencia en Galicia e estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou similar. Ademais, entre os requisitos para optar a unha destas bolsas inclúese non ter emprego remunerado nin gozar doutra axuda deste tipo e tampouco desta en convocatorias anteriores.

Estas bolsas de formación da Cooperación Galega teñen como obxectivo principal apoiar a formación especializada de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica coas liñas de traballo da Cooperación Galega e, no caso das bolsas noutros países, os proxectos que se están a financiar e que poderán visitar na súa estadía en terreo. A Xunta leva investido desde 2009 máis de 1,7 millóns de euros para o financiamento de máis dun cento de bolsas.

As actividades destinadas á formación de persoal especializado constitúen unha tarefa que a Xunta leva a cabo no marco do fortalecemento do sistema galego de cooperación, sendo o apoio á formación e capacitación especializada dos actores e axentes galegos de cooperación unha das liñas de actuación do actual Plan Director da Cooperación Galega.

En ambas as convocatorias a presentación de solicitudes deberá realizarse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) no prazo dun mes contado dende mañá.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24221 {"title":"A Xunta convoca as axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior e seis bolsas en cooperación internacional","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24221"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24221-xunta-convoca-as-axudas-proxectos-accion-humanitaria-exterior-e-seis-bolsas-cooperacion-internacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.