Alfonso Rueda e Inés Rey acadan un compromiso político para o futuro da fachada marítima da cidade da Coruña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este novo marco colaborativo concretarase nunha nova reunión que terá lugar no mes de maio
  • Asegura que a colaboración será "estreita, leal e decidida"

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, no que ambos acadaron un acordo político para definir desde o consenso o futuro da fachada marítima da cidade herculina.

Foi unha reunión monográfica sobre o futuro do Porto e dos terreos portuarios, dos que Rueda sinalou o seu valor como fonte de sustento e parte da esencia da cidade. O presidente da Xunta asegurou que o acordo sobre a fachada marítima é "un proxecto ambicioso que require de bos plantexamentos, intelixentes e viables dende o punto de vista económico".

Do consenso acadado hoxe nacerá o protocolo Coruña Marítima, que ofrecerá solucións para todos os solos portuarios e para a sustentabilidade financeira da Autoridade Portuaria da Coruña. O presidente asegurou que as solucións para o porto coruñés nacerán da "colaboración estreita, leal e decidida, deixando a un lado as ideoloxías".

O protocolo nace do consenso entre Xunta e Concello e conta coa implicación de administracións como a Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado, ADIF e o Ministerio de Transportes. O obxectivo, tal e como sinalou Rueda, é acadar a transformación de Galicia e facelo entre todas as administracións de forma coordinada. Este novo marco colaborativo concretarase nunha nova reunión que terá lugar no mes de maio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24217 {"title":"Alfonso Rueda e Inés Rey acadan un compromiso político para o futuro da fachada marítima da cidade da Coruña","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/240510_Pte_AlcaldesaCoruna_DCS-1.jpg","id":"24217"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24217-alfonso-rueda-e-ines-rey-acadan-compromiso-politico-futuro-da-fachada-maritima-da-cidade-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.