O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da XXI Copa Primavera e XV Regata Nacional de Remo Paralímpico de Remo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Manuel Pardo, explicou que o encoro de Castrelo de Miño será a sede desta regata nacional para as categorías alevín, infantil, cadete, veterana e de remo paralímpico
  • O delegado territorial destacou que hai máis de 250 tripulacións rexistradas de 34 clubs aos que hai que sumar as embarcacións dos veteranos e do remo paralímpico, co que se prevé a asistencia de máis de 500 deportistas

Ourense, 9 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a presidenta do Club Náutico de Castrelo, Beatriz Alberte, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez, presentou esta mañá na Delegación Territorial a XXXI Copa Primavera e XV Regata Nacional de Remo Paralímpico de Remo que se levará a cabo este vindeira fin de semana no Parque Náutico de Galicia.

 

O delegado territorial explicou que o encoro de Castrelo de Miño será a sede desta regata nacional para as categorías alevín, infantil, cadete, veterana e de remo paralímpico. Para os máis novos trátase da única regata nacional previa aos Campionatos de España polo que  hai máis de 250 tripulacións rexistradas de 34 clubs aos que hai que sumar as embarcacións dos veteranos e do remo paralímpico, co que se prevé a asistencia de máis de 500 deportistas.

 

As probas de categoría alevín disputaranse sobre unha distancia de 500 metros mentres que o resto de categorías farano sobre 1.000 metros da pista de remo de Castrelo de Miño que conta desde a celebración da Coupe da Jeunesse en 2022 cunha pista renovada e un moderno pantalán de saída que converten a Castrelo de Miño no escenario perfecto para o remo nacional, cunha contorna natural e unhas instalacións moi apreciadas polos clubs e federacións autonómicas.

 

As probas darán comezo o sábado pola mañá con róldalas eliminatorias e ao longo de toda a xornada iranse realizando os cuartos de final, repescas e semifinais que deixarán clasificadas ás mellores tripulacións para as finais do domingo. O domingo desde primeira hora terán lugar todas as finais e iranse realizando as entregas de medallas por categorías a medida que vaian finalizando.

 

Esta é a cuarta regata nacional da tempada que ten lugar en Castrelo de Miño baixo a organización da Federación Española de Remo, Federación Galega de Remo e Club Náutico Castrelo de Miño coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24193 {"title":"O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da XXI Copa Primavera e XV Regata Nacional de Remo Paralímpico de Remo","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/090524+Presentaci%C3%B3n+Copa+Primavera+Remo+Castrelo++2.JPG","id":"24193"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24193-delegado-territorial-da-xunta-ourense-participa-na-presentacion-da-xxi-copa-primavera-e-xv-regata-nacional-remo-paralimpico-remo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.