A Xunta inicia as obras de ampliación e reforma no CPI As Mirandas de Ares cun investimento de máis de 3 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visita o centro para supervisar os primeiros traballos
  • Construirase un novo edificio para as aulas de Infantil e psicomotricidade, que permitirá reordenar os espazos no edificio existente
  • Tamén se aplicará illamento térmico no edificio de Primaria e ESO e mudaranse as fiestras

Ares (A Coruña), 9 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe o Centro Público Integrado As Mirandas, en Ares, co gallo do inicio da ampliación  e reforma que o seu departamento está a realizar neste colexio. "Esta semana iniciamos os traballos, unhas obras nas que investimos máis de 3 M€ que van redundar nunha mellora significativa do servizo educativo do concello de Ares, que só conta con este centro", destacou o conselleiro.

Enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para modernizar os centros educativos dando resposta ás necesidades do século XXI, esta actuación supón dotar o centro con espazos máis axeitados para Infantil, incluíndo unha aula especializada de psicomotricidade, así como actuacións na zona de Primaria.

Para iso construirase unha nova edificación que acollerá as seis aulas de infantil -ata o momento distribuídas en diferentes espazos- e a de psicomotricidade, cunha superficie total de 850 m². Este novo volume estará conectado co andar baixo do edificio existente.

O programa de necesidades inclúe a reforma do inmoble xa existente, tanto no que atinxe á eficiencia enerxética como na reordenación de espazos. Deste xeito, mellorarase a envolvente térmica do edificio coa instalación dun sistema de illamento e novas fiestras.

Ademais, situaranse no andar baixo do edificio (agora ocupado por aulas de Infantil) os espazos administrativos, a aula de usos múltiples e a biblioteca, aproveitando para ampliar este último espazo. O resto do volume continuará acollendo as aulas de Primaria e ESO. A obra ten un prazo de execución de un ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24192 {"title":"A Xunta inicia as obras de ampliación e reforma no CPI As Mirandas de Ares cun investimento de máis de 3 M€","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/20240509ColexioAres1.JPG","id":"24192"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24192-xunta-inicia-as-obras-ampliacion-e-reforma-cpi-as-mirandas-ares-cun-investimento-mais-3-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.