O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do festival 'Al-Majisti'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Manuel Pardo, explicou que se trata dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia
  • O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral
  • Desenvolverse os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega

Ourense, 9 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, e do director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, presentou esta mañá na Delegación Territorial o festival 'Al-Majisti', que se desenvolverá os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega.

 

Trátase -explicou o delegado territorial- dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al-Majisti' é o topónimo árabe traducido como "o máis grande , o grande tratado" e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, -sinalou Manuel Pardo- "que o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio".

 

O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidade de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán, e terán -sinalou do delegado territorial- "a posibilidade de pasar unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da provincia de Ourense".

 

Programa

O 17 de maio será o día "do Mare Nostrum á Mar Océana". Está dedicado a Ptolomeo, á navegación astronómica e a Cristobal Colón e outros descubridores.

 

O 18 de maio será o día "do Mare Nubium: Alphonsus". Será o día de Afonso X O Sabio e de Violante de Aragón.

 

E o 19 de maio e 2024 será o día "do Finis Terrae : Gallaecia". Día dedicado a Galicia, onde se abordarán as figuras de Cristobal Colón galego e Afonso X e Ourense .

 

Nos encontros literarios, os autores asinarán as súas obras que serán distribuídas aos asistentes. Como actividades paralelas están previstas as actuacións musicais de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Coanhadeira.

 

As observacións astronómicas correrán a cargo de Óscar Blanco Varela, director do CAT (Centro Astronómico de Trevinca)

 

Este evento contará co respaldo de institucións como o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight, o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24190 {"title":"O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do festival 'Al-Majisti'","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/090524+Presentacion+Festival+A+Veiga+1.JPG","id":"24190"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24190-delegado-territorial-da-xunta-ourense-participa-na-presentacion-do-festival-majisti https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.