Román Rodríguez pon en valor a función dos equipos directivos dos centros escolares, que a Xunta vén de reforzar no Acordo de Mellora do Ensino

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lembra que xa están en vigor os complementos por función directiva, por titorías e por formación permanente e se está avanzando nos grupos de traballo para a redución da burocracia nos centros

Bergondo (A Coruña), 9 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, gaba o papel "esencial" que exercen os equipos directivos dos centros escolares na boa marcha do sistema, unha función que a Xunta de Galicia vén de reforzar no vixente Acordo para a Mellora do Sistema Educativo de Galicia acadado coas organizacións sindicais.

 

O titular de Educación do Goberno galego participou hoxe na apertura das XXXI Xornadas de equipos directivos de Educación de Infantil e Primaria organizadas pola Asociación de Directores de Colexios Públicos da Coruña para debater e intercambiar experiencias en ámbitos como o dereito de familia, a xestión dos centros, o absentismo ou a protección de datos, entre outros.

 

Ferramentas para a mellor xestión

Na súa intervención, Román Rodríguez puxo en valor a función directiva como unha das claves para "acadar un modelo educativo onde prime a igualdade de oportunidades e a calidade", e aludiu tamén á "responsabilidade" da Administración para poñer á disposición dos directores todas as ferramentas neste eido, como as que se recollen no Acordo de Mellora Estrutural do Sistema Educativo en Galicia xa en marcha.

 

Exemplo disto é que, desde xaneiro, o profesorado galego xa está percibindo as melloras de complementos específicos por funcións directivas, por titorías e por formación permanente do profesorado. Así mesmo, tal e como sinalou o conselleiro, tamén se está avanzando nos grupos de traballo para a simplificación administrativa e a redución da burocracia nos centros, que era unha das reivindicacións máis demandadas.

 

Outro dos aspectos nos que fixo fincapé o conselleiro foi o da "continua actualización e mellora competencial" das persoas que exercen as funcións directivas e do conxunto profesorado para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe e afrontar retos como a atención á diversidade ou a xestión tecnolóxica.

 

Neste senso, a Consellería pon á disposición dos centros o Plan Anual de Formación do Profesorado, que este curso se concreta en 5.800 accións formativas enfocadas a liñas prioritarias como a dixitalización, a innovación e a convivencia.

 

Román Rodríguez pechou a súa intervención agradecendo a "motivación" do profesorado por formarse e apelando a seguir traballando "de xeito colaborativo e coordinado" a prol "dun modelo inclusivo, innovador, flexible, cooperativo e axustado ás necesidades dos alumnos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24176 {"title":"Román Rodríguez pon en valor a función dos equipos directivos dos centros escolares, que a Xunta vén de reforzar no Acordo de Mellora do Ensino","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/20240509XornadasEquiposDirectivos1.jpg","id":"24176"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24176-roman-rodriguez-pon-valor-funcion-dos-equipos-directivos-dos-centros-escolares-xunta-ven-reforzar-acordo-mellora-do-ensino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.