Unha mostra do Gaiás reivindica artistas galegas que despuntaron nos 80 e cuxa obra non gozou da merecida visibilidade debido aos condicionantes de xénero

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • 'Outras historias posibles' celebra as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré como exemplos da diversidade creativa na arte contemporánea
  • A exposición recontextualiza o seu traballo analizando os eventos da vida cotiá e os acontecementos sociais que influíron na súa produción artística
  • Comisariada pola docente e crítica de arte Susana Cendán, abrirá ao público no Museo Centro Gaiás a finais de maio

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

A Xunta de Galicia reivindica na exposición Outras historias posibles a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Comisariada pola docente, investigadora e crítica de arte Susana Cendán, Outras historias posibles pon o foco nestas seis mulleres pola relevancia de seu que ocuparon no seu día na arte contemporánea, pero tamén pola diversidade da súa obra e dos relatos que a acompañan. Historias nas que os roles de xénero, as estruturas sociais e educativas ou as tendencias e modas que priman determinados tipos de produción artística sobre outros, incidiron na visibilidade das súas traxectorias, ata o punto de chegar a abandonar a creación en favor doutras saídas profesionais, como é o caso da viguesa Laura Terré.

A Cidade da Cultura acolle este proxecto co fin de sumar, a partir do seu exemplo, relatos que engadan novas perspectivas de valor para enriquecer a narrativa dominante dentro da historia da arte. Un discurso onde as mulleres seguen relegadas con frecuencia ás marxes e notas ao pé por motivos alén da súa calidade. Revelar estas realidades acotío desapercibidas e celebrar a pluralidade do talento son os piares sobre os que Susana Cendán constrúe estas Outras historias posibles.

O espazo expositivo incluirá así unha ampla mostra de pinturas, esculturas, xilografías, catálogos e revistas que permiten apreciar a traxectoria destas seis artistas, todas elas nacidas na década dos 50 do pasado século XX. Esta escolma compleméntase con entrevistas gravadas nas que son elas mesmas as que dan conta das súas inquedanzas vitais e profesionais.

A comisaria: Susana Cendán

Susana Cendán é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade exerce a docencia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, no Máster en Deseño e Dirección Creativa de Moda e no Grao en Deseño da Universidade de Vigo.

Xunto coa docencia, a súa traxectoria compleméntase con investigacións e proxectos expositivos relacionados coa construción cultural da identidade, a análise da indumentaria como unha forma de expresión creativa, ou a exposición de narrativas pexorativas ao redor da muller e, concretamente, da muller artista, reivindicando unha maneira plural de entender a arte.

A práctica curatorial enténdea como un instrumento eficaz para incentivar a crítica, dar visibilidade a problemáticas presentes nos debates artísticos, sociais e culturais, e afondar  en aspectos relacionados coa creación contemporánea. Entre os seus últimos proxectos destacan  Así nos ven. Así somos? A imaxe da muller na arte (Pinacoteca Fernádez del Riego, 2016), Un rolo de papel continuo (Universidade de Vigo, Afundación Vigo e A Coruña. 2017-2018), e Almudena Fernández Fariña. Pisando Charcos (CGAC, 2023).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24175 {"title":"Unha mostra do Gaiás reivindica artistas galegas que despuntaron nos 80 e cuxa obra non gozou da merecida visibilidade debido aos condicionantes de xénero","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/Autorretrato_AnaGarciaPan1.jpg","id":"24175"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24175-unha-mostra-do-gaias-reivindica-artistas-galegas-despuntaron-nos-80-e-cuxa-obra-non-gozou-da-merecida-visibilidade-debido-aos-condicionantes-xenero https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.