Román Rodríguez felicita á escritora Arantza Portabales, Premio Clubs de Lectura 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Recibe a esta autora galega, a máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso, e agradece o seu papel a prol de incentivar a lectura entre os máis novos

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recibiu á escritora Arantza Portabales, que vén de alzarse co Premio Clubs de Lectura 2024 por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso.

Román Rodríguez felicitou persoalmente á escritora, que a través deste galardón recibe o beneplácito "dun público tan esixente como son os nenos e os adolescentes" e animouna a continuar "sementando historias" que contribúen a "enriquecernos como lectores".  O departamento de Educación do Goberno galego creou este premio no ano 2015 co obxectivo de recoñecer o labor dos autores con obra en lingua galega que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos lectores que participan nos clubs.

Arantza Portabales é unha das autoras máis seguidas polo lectorado xuvenil galego. Comezou a escribir en 2013 no xénero do microrrelato. No 20215 publica o seu primeiro libro en galego e colleita case unha decena de galardóns, como o premio á mellor novela europea traducida do Casino de Santiago de Compostela con Deixe a súa mensaxe despois do sinal ou o premio Manuel Murguía de relato con Xanelas, entre outros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24174 {"title":"Román Rodríguez felicita á escritora Arantza Portabales, Premio Clubs de Lectura 2024","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/240508_lectura_20c.jpg","id":"24174"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24174-roman-rodriguez-felicita-escritora-arantza-portabales-premio-clubs-lectura-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.