Lorenzana resalta o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e o impulso ás startups

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou en Vigo na entrega dos Premios Emprende XXI, organizados por Caixabank e Enisa
  • Lembra que o Igape conta cun programa dotado con 1,5 millóns de euros para apoiar os emprendedores galegos no lanzamento e consolidación das súas startups
  • Tamén se vén de ampliar a rede de aceleradoras coa posta en marcha da nova Business Factory Climatech, que permite o impulso de proxectos empresariais no sector de solucións ambientais e economía circular

Vigo, 8 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no acto de entrega do Premio Emprende XXI en Galicia, organizado por Caixabank e Enisa, onde recoñeceu e felicitou a todas as empresas finalistas, así como á gañadora, que, tal e como subliñou, son exemplos do nivel excepcional de innovación e dedicación presentes no tecido empresarial galego.

Na súa intervención, a responsable de Economía e Industria resaltou o compromiso da Xunta co impulso do emprendemento e a innovación, creando un entorno favorable para o crecemento das startups en Galicia. Así, proporciónanse recursos, financiamento e oportunidades de crecemento. Neste eido, está aberta ata o 30 de setembro unha liña de axudas dotada con 1,5 millóns de euros para subvencionar os gastos e investimentos nos que incorran os emprendedores no lanzamento e consolidación das súas startups.

 

Esta aposta tamén se reflicte na recente ampliación da rede de aceleradoras, coa incorporación de Climatech, a máis recente business factory, que permite o impulso de proxectos empresariais no sector de solucións ambientais e economía circular, respaldando así a sustentabilidade ambiental do tecido produtivo galego.

 

Esta nova iniciativa súmase a unha rede de aceleradoras xa consolidada, especializada en sectores clave, e da que forman parte as business factories BFAuto, BFAero, BFFood e BFMedicines. A estas súmanse outras iniciativas como ViaGalicia, Galicia Avanza ou Turislab, que contribúen ao fomento do emprendemento e da innovación en diversos ámbitos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24171 {"title":"Lorenzana resalta o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e o impulso ás startups","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24171"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24171-lorenzana-resalta-compromiso-da-xunta-co-emprendemento-innovador-e-impulso-as-startups https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.