O Centro Dramático Galego comparte a celebración do seu 40º aniversario cun espectáculo itinerante por máis de 100 concellos do rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José López Campos enmarcou esta iniciativa nos obxectivos que o Goberno galego persegue co deseño da futura Rede Adival para a dinamización cultural nos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos
  • As provincias de Lugo e Ourense concentran máis da metade das paradas desta xira, que arranca este domingo en Negueira de Muñiz e se estende ata o 15 de setembro    
  • O espectáculo sae ao encontro do público nun camión, que serve tamén de escenario para esta proposta dirixida por Sofía Espiñeira e Roberto Casal Mouriño con texto orixinal de Roi Vidal Ponte

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O Centro Dramático Galego avanza na celebración do seu 40º aniversario, que entre os meses de maio e setembro compartirá tamén co público dos máis de 100 concellos do rural polos que xirará o espectáculo itinerante De Vilatriste a Vilalegre. Esta coprodución da compañía da Xunta de Galicia e Teatro ó Cubo foi presentada hoxe no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa intervención do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e ao que asistiron representantes dos municipios nos que se desenvolverá a iniciativa, a metade deles situados nas provincias de Lugo e Ourense.

Na súa intervención, López Campos agradeceulles a todos eles a súa implicación neste proxecto que lles trasladou o Centro Dramático Galego e que, nas súas palabras, pode considerarse "un avance do que será a futura Rede Adival" na que traballa xa o Goberno galego co obxectivo de impulsar a dinamización cultural nos concellos menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos.

Programación descentralizada

O conselleiro gabou, así mesmo, o labor que neste sentido levan a cabo día a día os departamentos municipais de Cultura. "Neste caso, o teatro é o noso vínculo cos concellos para descentralizar a programación cultural e compartila tamén co público do rural", sinalou, ademais de poñer o foco na cultura e na lingua galegas como "recursos importantísimos" non só a nivel patrimonial, senón tamén económico e social.

De Vilatriste a Vilalegre inicia o seu percorrido este mesmo domingo en Negueira de Muñiz (Lugo) a bordo de A utópica rodante, o camión que funciona ao tempo como escenario para a representación do espectáculo, conferíndolle xa que logo unha gran mobilidade e capacidade de adaptación a todo tipo de espazos.

Na presentación, á que tamén asistiu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interviñeron ademais Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, e Sofía Espiñeira, quen codirixe a montaxe con Roberto Casal Mouriño, a partir do texto orixinal de Roi Vidal Ponte.

Teatro sobre rodas

A compañía puxo en escena un pequeno fragmento da montaxe, interpretada por Uxía Algarra e Roberto Casal, con escenografía de Beatriz de Vega, vestiario de Carmen Pichel e música de Brais das Hortas. Con esta coprodución co Centro Dramático Galego, Teatro ó Cubo pon en marcha o proxecto itinerante de A utópica rodante a modo de "teatro sobre rodas", pensando para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade arredor das artes escénicas

Co mundo do cómic como referencia e combinando teatro actoral e de monicreques, a primeira proposta desta iniciativa confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste, onde se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e confianza pola veciñanza.

Tras a función deste domingo, o espectáculo poderá verse en máis dun cento de municipios das catro provincias coas seguintes datas previstas:

A CORUÑA

Monfero

14/05/24

Mesía

15/05/24

Ribeira

18/05/24

Lousame

26/05/24

Brión

07/06/24

Carral

13/06/24

Oroso

26/06/24

Toques

01/07/24

Val do Dubra

05/07/24

A Baña

09/07/24

Culleredo

16/07/24

Dumbría

16/07/24

Laxe

26/07/24

Betanzos

28/07/24

Curtis

30/07/24

Ponteceso

13/08/24

Rianxo

13/08/24

Boiro

14/08/24

Cedeira

14/08/24

Trazo

26/08/24

Irixoa

30/08/24

Vilarmaior

30/08/24

Frades

31/08/24

Santa Comba

01/09/24

Vimianzo

07/09/24

 

LUGO

Negueira de Muñiz

12/05/24

A Pobra do Brollón

19/05/24

Alfoz

25/05/24

Cervo

26/05/24

O Páramo

10/06/24

O Valadouro

15/06/24

Becerreá

20/06/24

Monterroso

23/06/24

O Vicedo

10/07/24

Samos

14/07/24

Taboada

17/07/24

Chantada

18/07/24

Pantón

20/07/24

Baleira

08/08/24

A Fonsagrada

09/08/24

Castro de Rei

10/08/24

Meira

11/08/24

Quiroga

11/08/24

Rábade

12/08/24

Ribas de Sil

17/08/24

Castroverde

18/08/24

Sarria

21/08/24

Palas de Rei

22/08/24

Friol

24/08/24

Guntín

25/08/24

Xove

29/08/24

O Saviñao

31/08/24

Sober

14/09/24

 

OURENSE

Paderne de Allariz

01/06/24

Vilamarín

16/06/24

A Peroxa

22/06/24

San Cristovo de Cea

27/06/24

Couto Mixto

06/07/24

Cenlle

11/07/24

Allariz

12/07/24

Monterrei

13/07/24

Vilamartín de Valdeorras

20/07/24

Cortegada

21/07/24

Celanova

25/07/24

A Rúa

28/07/24

Arnoia

01/08/24

Avión

02/08/24

Beade

03/08/24

Muíños

03/08/24

A Pobra de Trives

04/08/24

A Veiga

06/08/24

A Merca

07/08/24

O Irixo

15/08/24

Xunqueira de Ambía

16/08/24

Rubiá

23/08/24

 

PONTEVEDRA

Meaño

16/05/24

Redondela

17/05/24

Cambados

18/05/24

A Estrada

19/05/24

Moaña

24/05/24

Nigrán

31/05/24

Mondariz-Balneario

08/06/24

A Illa de Arousa

09/06/24

Covelo

21/06/24

Mos

22/06/24

Mondariz

28/06/24

A Guarda

29/06/24

Cangas

30/06/24

Portas

03/07/24

O Rosal

04/07/24

Ribadumia

05/07/24

Bueu

09/07/24

Cerdedo-Cotobade

22/07/24

Moraña

23/07/24

Rodeiro

24/07/24

Crecente

27/07/24

A Cañiza

20/08/24

O Grove

28/08/24

Silleda

05/09/24

Barro

06/09/24

Oia

13/09/24

Catoira

15/09/24

Ademais, o 2 de xuño o equipo de Vilatriste a Vilalegre viaxará ata a provincia de Zamora para ofrecer unha representación do espectáculo en Lubián.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24168 {"title":"O Centro Dramático Galego comparte a celebración do seu 40º aniversario cun espectáculo itinerante por máis de 100 concellos do rural","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/240508_Cultura_03x.jpg","id":"24168"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24168-centro-dramatico-galego-comparte-celebracion-do-seu-40-aniversario-cun-espectaculo-itinerante-mais-100-concellos-do-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.