Gómez Caamaño destaca o esforzo da Xunta para incorporar coa maior axilidade e rigor científico as novas tecnoloxías sanitarias en beneficio dos pacientes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Sanidade pon en valor o labor da unidade encargada de avaliar as tecnoloxías sanitarias e o seu impacto organizativo, económico e social, esencial na toma de decisións
  • Destaca "a intensa produción" de Avalia-t, que permite "escoller e implementar as tecnoloxías que máis beneficios achegan á saúde das persoas e, á vez, contribúan á sustentabilidade do sistema"
  • Nestes 25 anos, Avalia-t realizou preto de 200 informes de avaliación e consultas técnicas, outros tantos informes de tecnoloxías emerxentes, guías de práctica clínica e documentos metodolóxicos, ademais de arredor de 100 artigos científicos
  • A Estratexia Galega de Saúde 2030 entende e recoñece expresamente o papel de Avalia-t como instrumento esencial de avaliación das tecnoloxías sanitarias

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe o esforzo da Xunta para incorporar coa maior axilidade e rigor científico as novas tecnoloxías sanitarias en beneficio de acadar unha prestación eficiente e de maior calidade aos pacientes.

Así o subliñou na celebración do 25 aniversario da Unidade de Asesoramento Científico-Técnico Avalia-t, na que estivo acompañado polo xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, e a xefa desta unidade, María José Faraldo.

Na súa intervención, o titular da carteira sanitaria puxo en valor a actividade desta unidade, esencial para a toma de decisións, xa que é a encargada de avaliar as tecnoloxías sanitarias e o seu impacto organizativo, económico e social.

Gómez Caamaño sinalou que "a intensa produción" da unidade de asesoramento científico Avalia-t permite "escoller e implementar as tecnoloxías que máis beneficios acheguen á saúde das persoas e, á vez, contribúan á sustentabilidade do sistema".

Tal e como detallou o conselleiro, a través do traballo desenvolvido por esta unidade ponse á disposición de todos os actores do sistema sanitario "información baseada na evidencia científica, consistente e fiable, para que a toma de decisións en todos os niveis sexa informada e garante da seguridade e eficiencia da tecnoloxía, contribuíndo, deste xeito, ao seu uso apropiado e á calidade na asistencia".

Actividade da axencia

Desde o ano 1999, Galicia conta con esta unidade que é a responsable de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, a efectividade, a seguridade, e a eficiencia das tecnoloxías sanitarias, ademais de valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.

Nestes 25 anos de existencia, Avalia-t realizou case douscentos informes de avaliación e consultas técnicas, outros tantos de tecnoloxías emerxentes ou de asesoramento, trece guías de práctica clínica, trece documentos metodolóxicos e preto de cen artigos científicos.

Todo este labor fíxose dentro da colaboración coa Comisión de tecnoloxías de Galicia e integrándose na rede de axencias de avaliación do Sistema Nacional de Saúde. Ademais, Avalia-t está a ter un importante protagonismo en proxectos de colaboración europea en materia de avaliación de tecnoloxías emerxentes.

Pasados estes 25 anos, Gómez Caamaño dixo que o compromiso da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde coa toma de decisións informada e baseada en evidencias científicas continúa e, ao respecto, "a Estratexia Galega de Saúde 2030 entende e recoñece expresamente o papel de Avalia-t como instrumento esencial de avaliación das tecnoloxías sanitarias".

"O uso dos informes desta unidade contribúen a que os avances tecnolóxicos que cheguen aos pacientes sexan os que teñen máis valor, contribuíndo á equidade e á mellora da eficiencia e sostibilidade do noso sistema de saúde", concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24158 {"title":"Gómez Caamaño destaca o esforzo da Xunta para incorporar coa maior axilidade e rigor científico as novas tecnoloxías sanitarias en beneficio dos pacientes","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/20240508+XXV+Aniversario+Avalia-t1.jpg","id":"24158"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24158-gomez-caamano-destaca-esforzo-da-xunta-incorporar-coa-maior-axilidade-e-rigor-cientifico-as-novas-tecnoloxias-sanitarias-beneficio-dos-pacientes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.