A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II

  • Apunta que Stellantis solicitara neste perte 40M€ e só se lle asignaron por parte do Ministerio de Industria e Turismo 20M€ en axudas directas
  • Lembra que son 33.000M€ de pertes industriais que agora mesmo xestiona o Estado e, deles, soamente se teñen adxudicado o 30 por cento dos fondos e o 50 por cento está aínda sen convocar

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, manifestou hoxe a súa decepción coa resolución da segunda convocatoria do Perte VEC por parte do Ministerio de Industria e Turismo, porque concede soamente a metade do solicitado pola planta de Stellantis en Vigo. "Stellantis solicitara neste Perte VEC 40M€ e hoxe coñecemos que soamente se lle conceden por parte do Ministerio de Industria 20M€ en axudas directas", os 9M€ restantes son da liña de préstamos, abondou.

Lorenzana lembrou que son 33.000M€ de pertes industriais que agora mesmo xestiona o Estado e, deles, "soamente se teñen adxudicado o 30 por cento dos fondos e o 50 por cento está aínda sen convocar", precisou.

A conselleira, indicou que a Xunta está traballando co sector da automoción de Galicia nun plan director onde se lle vai dar financiamento a todas as empresas auxiliares para conseguir manter os 25.000 empregos que están ligados a este sector e á fábrica de Stellantis. Non obstante, engadiu, "reclamamos que o Goberno central libere estes fondos que teñen absolutamente capturados, que non están chegando ao tecido produtivo e recordamos que non é de recibo que a Xunta teña que poñer fondos propios para garantir todos estes empregos cando resulta que máis do 50 por cento deses 33.000M€ aínda están sen repartir", concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24154 {"title":"A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24154"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24154-xunta-amosa-sua-decepcion-goberno-outorgue-metade-dos-fondos-solicitados-stellantis-vigo-perte-vec-ii https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.