A Xunta reforza a oferta na Escola Mestre Mateo, de Santiago, cunha nova promoción da modalidade dual no itinerario de Xoiaría e Complementos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ofértanse 15 prazas e o alumnado beneficiario compaxinará a súa formación académica nesta Escola de Arte e Superior de Deseño coa práctica en distintas firmas de xoiería e ourivería colaboradoras a partir do 3º curso

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

A Xunta de Galicia vai reforzar, de cara ao vindeiro curso, a oferta académica formativa na Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Mestre Mateo de Santiago, coa incorporación dunha nova promoción de alumnado da modalidade dual para o itinerario Xoiaría e Complementos da especialidade de Produto, dentro das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinou hoxe dous convenios de colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela para a nova promoción de alumnado que cursará esta modalidade formativa que xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.

Non en balde, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo foi a primeira, e a única de Galicia, en ofertar o itinerario desagregado de Xoiaría e complementos na especialidade de Produto, cunha moi boa acollida por parte do alumnado xa que se cubriron por completo as 15 prazas ofertadas.

Atender a demanda

A partir de agora, e grazas aos convenios asinados hoxe, os estudantes matriculados neste itinerario poderán compaxinar a súa formación académica na Escola Mestre Mateo coa formación práctica en distintas firmas de xoiaría e ourivería integradas nas entidades antes mencionadas.

Esta formación de carácter dual realizarase de xeito compartido entre as empresas e o centro educativo en 3º e 4º curso, durante os cales os alumnos estarán incorporados ao réxime da Seguridade Social e percibirán o salario correspondente de acordo co marco normativo vixente.  

O titular de Educación, Román Rodríguez, puxo en valor a "firme aposta" da Xunta por seguir impulsando opcións académicas de calidade e aliñadas coas demandas socioeconómicas.  Precisamente, este itinerario formativo que agora se reforza coa opción dual, busca "atender a demanda dun sector moi arraigado en Compostela como é a xoiaría e a ourivería artesá", abondou.

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo é un referente tanto nas Superiores de Deseño (con especialidades en Deseño de Moda e Deseño de Produto) e nas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas (Fotografía, Técnicas Escultóricas, Xoiaría Artística, taller de Dourado e Prateado e taller de Policromía), con máis de 400 alumnos matriculados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24149 {"title":"A Xunta reforza a oferta na Escola Mestre Mateo, de Santiago, cunha nova promoción da modalidade dual no itinerario de Xoiaría e Complementos","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887432\/240508_xoieria_01c.jpg","id":"24149"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24149-xunta-reforza-oferta-na-escola-mestre-mateo-santiago-cunha-nova-promocion-da-modalidade-dual-itinerario-xoiaria-e-complementos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.